Pirámide de poboación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Syum90 (conversa | contribucións)
m Reverted 1 edit by 88.19.229.121 (talk) identified as vandalism to last revision by Piquito. (TW)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Argentina population pyramid 2005.png|miniatura|240px|Pirámide de poboación de [[Arxentina]] [[2005]]]]
A '''pirámide de poboación''' consiste graficamente nun dobre [[histograma]] de frecuencias. As barras do dobre histograma dispóñense en forma horizontal, é dicir, sobre a liña das [[Coordenadas cartesianas|abscisaabscisas]]s, e convencionalmente indícanse os grupos de idade da poboación masculina á esquerda e os que representan a poboación feminina á dereita. Á súa vez, no eixo das ordenadas disponse e identifícanse os grupos de idade, polo xeral, de cinco en cinco anos (0 a 4, 5 a 9, 10 a 14, etc.), colocando as barras de menor idade na parte inferior do gráfico e aumentando progresivamente cara á cúspide as idades de cada intervalo. Cando existe unha información detallada (nacementos e defuncións anuais) podemos elaborar unha pirámide de poboación tamén con esa información detallada (barras de ano en ano). A [[Escala (xeometría)|escala]] das abscisas pode representar valores absolutos (é dicir, número de habitantes de cada grupo de idade e sexo) ou relativos, é dicir, porcentaxes de cada grupo de idade e sexo con relación á poboación total.
 
Este tipo de gráfico toma o seu nome da forma que adopta nas sociedades que teñen unha poboación cunha ampla base debido ao gran número de nacementos e que se estreita paulatinamente pola mortalidade crecente e acumulativa a medida que aumenta a idade da poboación.
 
== Tipos de pirámides de poboación ==
[[Ficheiro:Pyramide des âges-Afghanistan.PNG|miniatura|dereita|225px|A pirámide de [[demografía de Afganistán|poboación de Afganistán]] é un exemplo de pirámide de tipo expansiva]]
[[Ficheiro:Pirámide de población de España (2005).png|miniatura|dereita|225px|A pirámide de [[poboación de España]] é un exemplo de pirámide de transición demográfica]]
Liña 16:
Hai diversas combinacións posibles nas relacións entre mortalidade e natalidade :
 
# Mortalidade alta e natalidade alta: Poboación nova.
# Mortalidade e natalidade con tendencia a diminuír: Poboación de transición demográfica.
# Mortalidade baixa e natalidade baixa: Poboación envellecida.
 
== Diversidade xeográfica ==
 
Os distintos tipos de pirámides de poboación teñen a escala local ou rexional, variacións bastante notables, o que se debe ás distintas composicións demográficas da poboación segundo sexan as características xeográficas da área:
 
* En primeiro lugar, as poboacións rurais teñen unha natalidade superior ás áreas urbanas, sobre todo se, nestas últimas, se trata de cidades bastante grandes. Os motivos desta característica débense ás diferenzas sociolóxicas, laborais e de posibilidades económicas e educativas, que existen entre as áreas rurais e urbanas. Por exemplo, no medio rural, o traballo de nenas e nenos de pouca idade é unha constante desde case o principio da humanidade, algo que se debe a que moi cedo comezan a axudar ós seus pais (os nenos) e ás nais (as nenas) no que se refire a pequenas tarefas ou quefaceres agrícolas ou domésticos. Á súa vez, esta característica tan arraigada entre as poboacións rurais de todo o mundo, tanto se se trata de países subdesenvolvidos como de países desenvolvidos, fai que a ausencia escolar e, sobre todo, a deserción escolar estacional ou permanente, sexan moito máis intensas no medio rural. Como consecuencia diso, a poboación rural é máis nova e ten un predominio do sexo masculino, especialmente nas áreas máis subdesenvolvidas, xa que nelas, o éxodo rural é moito máis importante entre o sexo feminino que no masculino, pola maior diversidade de actividades económicas e educativas que existe para as mulleres nas cidades. Pola contra, a natalidade nas cidades é moito menor que no campo polas menores necesidades de traballo infantil, a dificultade en satisfacer as necesidades sociais, educativas, culturais, médicas e recreativas (entre outras) dunha poboación infantil sempre crecente (non pola natalidade, senón pola inmigración), o conxestionamento e espazo reducido das vivendas e moitos outros factores.
 
* En segundo lugar, na poboación urbana, como consecuencia do dito anteriormente, predomina o sexo feminino e o grupo de poboación adulta, sendo a cotío o de poboación vella case tan numeroso, ou máis, que o da poboación nova.
 
* En terceiro lugar, nas áreas rurais, o efecto da emigración déixase sentir no grupo dos adultos novos (15 a 30 anos, aproximadamente), pola forte emigración cara ás cidades ou [[éxodo rural]]. A escaseza de poboación activa no campo adóitase corrixir mediante un crecente emprego de técnicas modernas de cultivo (por exemplo, rega por goteo ou emprego de motocultores eficientes e cada vez maiores), ou coa contratación de inmigrantes con salarios máis baixos, o cal vén afectar a calidade do emprego e, polo tanto, o aumento do éxodo rural.
 
* Para rematar, a diversidade xeográfica que se expresou arriba, e que afecta a todo o mundo (aínda que con diferenzas notables entre o mundo desenvolvido e o subdesarrollado) tende a crear, co tempo, certos mecanismos de compensación, por exemplo, a tendencia á [[concentración da poboación]] nas áreas rurais, que van facendo os países máis homogéneos cada vez, no que respecta á súa diversidade rexional.
 
*Para rematar, a diversidade xeográfica que se expresou arriba, e que afecta a todo o mundo (aínda que con diferenzas notables entre o mundo desenvolvido e o subdesarrollado) tende a crear, co tempo, certos mecanismos de compensación, por exemplo, a tendencia á [[concentración da poboación]] nas áreas rurais, que van facendo os países máis homogéneos cada vez, no que respecta á súa diversidade rexional.
[[Categoría:Demografía]]