Pigmento biolóxico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 68:
Os [[carotenoide]]s son o grupo máis común de pigmentos que se encontran na natureza. Nos animais e plantas atópanse uns 600 tipos de carotenoides. Nas plantas os carotenoides son responsables da foto-protección, captación de luz, e e eliminación do oxíxeno singulete no proceso da fotosíntese. Este pigmento atópase xeralmente nos [[cloroplasto]]s das plantas e outros organismos fotosintéticos como algas e algunhas bacterias. Por outra parte, os animais son incapaces de fabricar os seus propios carotenoides, e teñen que obtelos a partir das plantas. Certos [[gasterópodo]]s mariños teñen unha pigmentación producida por carotenoides, que parece que procede das larvas de [[trematodo]]s que inxiren.<ref>Nadakal , A. M.. "Carotenoids and Chlorophyllic Pigments in the Marine Snail, Cerithidea Californica Haldeman, Intermediate Host for Several Avian Trematodes." Marine Biological Laboratory. JSTOR, n.d. Web. 26 May 2010. <http://www.jstor.org/pss/1538938>.</ref>
 
Os carotenoides forman complexos con proteínas chamados [[carotenoproteína]]s. Estes complexos son comúns entre os animais mariños. Os complexos de carotenoproteínas son responsables das variadas cores (vermello, púrpura, azul, verde, etc.) de moitos invertebrados mariños que os utilizan para os rituais de apareamento e para camuflaxe. Hai dous tipos de carotenoproteínas: tipo A e tipo B. O tipo A ten carotenoides (o cromóxeno) que están estequiometricamente asociados cunha proteína simple (glicoproteína). O segundo tipo, tipo B, ten carotenoides que están asociados cunha lipoproteína e son xeralmente menos estables. Os de tipo A atópanse comunmente na superficie de (cuncha e pel) dos invertebrados mariños, pero os de tipo B aparecen usualmente nos ovos, ovarios, e sangue. As cores e características de absorción destes complexos de carotenoproteínas están baseadas na unión química do cromóxeno e das subunidades proteicas.
 
Por exemplo, a carotenoproteína azul, [[linckiacianina]] ten unhas 100-200 moléculas de carotenoide en cada complexo.<ref>Milicua, JCG. "Structural characteristics of the carotenoids binding to the blue carotenoprotein from Procambarus clarkii." Structural characteristics of the carotenoids binding to the blue carotenoprotein from Procambarus clarkii. N.p., 25 Oct. 1984. Web. 24 May 2010. <resources.metapress.com/pdf-preview.axd?code=l163k1j75x721w72&size=largest>.</ref> Ademais, a función destes complexos pigmento-proteína tamén cambia a complexidade das súas estruturas químicas. As carotenoproteínas que están en estruturas fotosintéticas son máis comúns, pero complicadas. Os complexos pigmento-proteína que están fóra do sistema fotosintético son menos comúns, pero de estrutura máis simple. Por exemplo, hai só dúas destas astaxantina-proteínas azuis<ref>Zagalsky, P.. "Colouration in Marine Invertebrates" "A central role for astaxanthin complexes." Crustacean. N.p., n.d. Web. 25 May 2010. <srs.dl.ac.uk/Annual_Reports/AnRep01_02/pdf/08_09%20Crustacyanin.pdf>.</ref> na medusa ''[[Velella velella]]'', que contén só uns 100 carotenoides por complexo.