Pierre Joseph Proudhon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
'''Pierre-Joseph Proudhon''', nado en [[Besançon]] o [[15 de xaneiro]] de [[1809]] e finado en [[Passy]] o [[19 de xaneiro]] de [[1865]], foi un filósofo político e revolucionario agrario [[Francia|francés]], e pai do pensamento [[Anarquismo|anarquista]].
 
== Traxectoria ==
Proviña dunha familia de artesáns e campesiños. O seu pai, toneleiro e cervexeiro, considerou que a cervexa que fabricaba non debía venderse cun valor por encima do prezo de custo (incluído o seu salario) pero lle permitiu vivir coa súa familia. A súa nai era cociñeira. El mesmo traballou toda a súa vida manualmente: primeiro, como toneleiro, xunto ao seu pai; despois, como mozo de labranza, logo, como tipógrafo...
 
Liña 32:
Nos últimos dous anos da súa vida escribe outra obra de gran importancia doutrinal, que inflúe decisivamente na formación ideolóxica dos fundadores da [[Primeira Internacional]]: "Da capacidade política da clase obreira", aparecida en [[1865]].
 
O pensamento de Proudhon parte, ante todo, da filosofía da [[Ilustración]]. Os empiristas ingleses ([[Locke]], [[David Hume]], etc.) e os enciclopedistas franceses, como [[Voltaire]], [[Claude Adrien Helvetius|Helvetius]], e particularmente [[Diderot]], son con frecuencia os alicerces tácitos ou explícitos dos seus desenvolvementos doutrinais. Ataca duramente a [[Jean-Jacques Rousseau|Rousseau]] (como antes [[William Godwin|Godwin]] e despois [[Mikhail Bakunin]]), pero toma del algunhas das súas ideas básicas.
 
Tamén inflúen sobre Proudhon as agudas críticas dos socialistas utópicos, como [[Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon|Saint-Simon]] e [[Charles Fourier]], aínda que ninguén máis renuente que el ás construcións ideais e ao trazado de brillantes cadros futurísticos.
Liña 43:
Para moitos marxistas, Proudhon é un ideólogo da pequena burguesía, e particularmente das clases artesás e campesiñas. Os proudhonianos responden a isto recordando as orixes de Proudhon como traballador manual. Algúns autores como [[Jean Touchard]], na súa ''Historia das ideas políticas'', prefiren definir ao proudhonismo como "''un socialismo para artesáns''"; outros falaron de "''un socialismo para campesiños''". Os proudhonianos responden a isto dicindo que tales definicións só se poden aceptar tendo en conta que, no momento en que Proudhon pensaba e escribía, a maioría dos traballadores asalariados eran artesáns e agricultores máis que obreiros industriais. Tamén hai quen optou por chamalo como [[León Víctor Bourgeois]], "pai do socialismo francés", como con Stekloff, "pai do anarquismo" e como Dolléans, "gran filósofo e tribuno da plebe europea".
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Pierre-Joseph Proudhon}}
{{Wikiquote|Pierre-Joseph Proudhon}}
* [http://web.archive.org/20050929085527/www.geocities.com/organizacion_libertaria_ja/IdeologiaAnarquista.htm Ideología anarquista], de Ángel J. Cappelletti {{es}}.
 
{{ORDENAR:Proudhon, Pierre Joseph}}
 
[[Categoría:Anarquistas]]
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]