Diferenzas entre revisións de «Pexegueiro (árbore)»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera])
==== Nectarinas ====
[[Ficheiro:White nectarine and cross section02 edit.jpg|thumb|upright|Nectarinas brancas, enteira e partida]]
A variedade ''P. persica'' var. ''nucipersica'' (ou var. ''nectarina''), comunmente chamada nectarina, ten unha pela lisa sen o veludo do pexego, polo que ás veces tense chamado pexego careca, peladillo, etc. Como nectarinas e pexegos vense comercialmente coma froitos diferentes, moitas veces tense crido que a nectarina é froito do cruzamento entre pexegos e ameixas, mais son en realidade a mesma especie. Moitos estudos xenéticos conclúen que as nectarinas se producen por mor dun alelo recesivo, mentres que o veludo do pexego correspondería a un alelo dominante.<ref name=osu>Oregon State University: [http://web.archive.org/web/20080714065820/http://food.oregonstate.edu/faq/uffva/nectarine2.html peaches and nectarines]</ref>
 
O mesmo ca os pexegos, as nectarinas poden ser brancas ou amarelas, coa carabuña pegada ou solta da polpa. Normalmente a nectarina é un chisco máis miúda e un pouco máis doce ca o pexego.<ref name=osu/> A falla de veludo fai que as nectarinas semellen máis encarnadas ca os pexegos, pero á vez, por este motivo machúcanse máis facilmente.
393.002

edicións