Persoa xurídica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
Nunha clasificación dentro do concepto xurídico de [[persoa]], xunto ás [[Persoa física|persoas físicas]] existen tamén as '''persoas xurídicas'''. Son entidades ás que o [[dereito]] atribúe e recoñece unha [[personalidade xurídica]] propia e, en consecuencia, capacidade para actuar como suxeitos de dereito para a realización de determinadas fins colectivas: capacidade para adquirir e posuír bens de tódalas clases, para contraer [[obrigación|obrigacións]]s e exercitar accións xudiciais.
 
== Natureza xurídica ==
=== Teoría da ficción ===
Parte da idea de que o único suxeito natural de dereitos e obrigacións é o [[ser humano]]. Só este está dotado de [[vontade]], e polo tanto só el pode ser naturalmente [[suxeito de dereitos]], posto que o dereito subxectivo é un poder que a [[lei]] acorda a unha vontade. A persoa xurídica sería unha ficción legal.
 
=== Teorías negatorias ===
Como as teorías da ficción tamén sosteñen que a única persoa real é o ser humano, consideran, con todo, que a doutrina tradicional é superficial e non afonda a investigación da realidade que se esconde detrás da persoa xurídica; a tarefa do [[xurista]] consiste en desentrañar a realidade. Para algúns (como [[Aloys von Brinz|Brinz]] ou [[Balthasar Bekker|Bekker]]) as persoas xurídicas non son máis que [[patrimonio]]s afectados ó cumprimento de certos fins. [[Rudolf von Jhering|Ihering]], pola súa parte, pensaba que os verdadeiros suxeitos de dereitos dunha persoa xurídica son os seus membros, xa que eles son os beneficiarios e destinatarios da utilidade que o patrimonio pode render. A persoa xurídica sería un suxeito aparente que oculta ós verdadeiros.
 
==== Teoría de Kelsen ====
[[Hans Kelsen]] nega a dualidade [[dereito obxectivo]]-[[dereito subxectivo]]. Utilizando os estudios de Duguit, pero plantexando a súa doutrina nun terreo puramente lóxico, sostén que os dereitos subxectivos non existen senón en canto expresión do dereito obxectivo. Se non existen dereitos subxectivos con valor propio, autónomo, tampouco debe existir o suxeito de dereito. Os dereitos subxectivos e o suxeito de dereito, ou sexa a [[persoa]], son conceptos auxiliares, que facilitan o coñecemento do dereito. Persoa, sexa física ou xurídica, é só a expresión unitaria personificadora dun feixe de deberes e facultades xurídicas, un complexo de [[Norma xurídica|normanormas]]s. O feito de ser un centro de imputación de normas, convirte a ese centro en persoa.
 
=== Teorías da realidade ===
==== Teoría organicista ====
Para esta teoría as persoas xurídicas non son entes artificiais creados polo [[Estado]], senón, pola contra, realidades vivas. Segundo [[Otto von Gierke|Gierke]], os entes colectivos son organismos sociais dotados tanto como o ser humano dunha [[potestade]] propia de querer, e así, capaces naturalmente de ser suxeitos de dereito. A diferencia da teoría da ficción, que sostiña que a autorización estatal era creativa da personalidade xurídica, sostén Gierke que só ten valor declarativo.
 
==== Teoría da institución ====
Esta teoría ten o seu punto de partida na observación da realidade social, que demostraría que unha das tendencias máis firmes nas [[sociedade]]s contemporáneas é o desenvolvemento da vida colectiva, da vida social. O ser humano abandona todo illamento, porque comprende que para realizar as súas fins e para satisfacer as súas necesidades de toda orde precisa unirse a outros homes, asociarse a eles. Entra enseguida voluntariamente en moitas [[asociación|asociacións]]s. No fondo subxace sempre o ser humano, porque el é a fin de todo dereito, pero a vida destas entidades está por riba da de cada un dos seus membros, considerados illadamente. A [[institución]] defínese como un organismo que ten fins de vida e medios superiores en poder e en duración ós individuos que a compoñen.
 
A teoría da institución ten un claro fundamento [[iusnaturalismo|iusnaturalista]], xa que o dereito de asociación está considerado un dos dereitos naturais do home, como proclamou [[León XIII]] na súa encíclica ''Rerum Novarum''.
 
=== Teorías propiamente xurídicas ===
Todas estas teorías teñen un mesmo punto de partida: se ben é verdade que desde o ángulo [[bioloxía|biolóxico]] e mesmo [[metafísica|metafísico]] a única persoa é o ser humano, desde o [[xurídico]] se chama persoa a todo ente capaz de adquirir dereitos e contraer obrigacións. Desde este punto de vista tan persoa é o home como os entes de existencia ideal, xa que ambos teñen esa [[capacidade xurídica|capacidade]]. Non advertir o significado xurídico da palabra sería o erro inicial do plantexamento da teoría da ficción.
 
Liña 26:
As persoas xurídicas nacen como consecuencia dun [[acto xurídico]] (acto de constitución), segundo un sistema de mera existencia, ou ben polo recoñecemento que delas fai unha autoridade ou órgano administrativo ou por concesión. En ambos casos pode existir un requisito de publicidade, como a inscrición nun rexistro público.
 
== Organismos reitores ==
A '''persoa xurídica''' necesita de órganos reitores da súa actividade. Ó tratarse dun conxunto de [[bens]] e dereitos, cómpre a existencia de persoas físicas que decidan o destino que se dá a eses bens e as accións que se vaian tomar.
 
Liña 33:
* Varios administradores solidarios ou mancomunados.
* O [[Consello de Administración]].
* A Xunta de [[socio]]s, [[accionista]]s, etc.
 
== Responsabilidade da persoa xurídica ==
Tradicionalmente rexeitouse a posibilidade de que unha persoa xurídica teña [[responsabilidade penal]] por un [[delito]]. O argumento é que o [[dolo]] ou a [[culpa]] non pode recaer nela, senón nas persoas físicas que están detrás dunha persoa xurídica e toman as decisións. Segundo esta concepción [[doutrina|doutrinal]]l, a persoa xurídica sería só [[responsabilidade civil|responsable civilmente]], é dicir, tería que [[indemnización de prexuízos|resarcir danos e prexuízos]]. Ademais, historicamente a [[teoría do delito]] construíuse sobre a base da persoa natural.
 
Porén, na actualidade existen [[ordenamento (dereito)|ordenamentos]] onde é posible [[sanción (dereito)|sancionar]] penalmente a unha persoa xurídica por un delito. Se ben non poden impoñérselle tódolos tipos de [[Pena (Dereito)|penapenas]]s, existen algunhas, como as pecuniarias ou as inhabilitacións, que poden ser adecuadas para os delitos económicos ou tributarios. Porén, parte da [[doutrina (dereito)|doutrina]] considera estas situacións como propias do [[dereito administrativo]] sancionador e non do [[dereito penal]].
 
De todos xeitos, polo xeral, no [[Common Law]] acéptase a posibilidade de esixir responsabilidade penal a unha persoa xurídica, mentres que no [[dereito continental]] só algúns países, como [[Italia]] ou [[Alemaña]], o admiten.
 
== Algúns tipos de persoas xurídicas ==
* Persoas xurídicas de [[dereito privado]]:
** [[contrato de sociedade|Sociedades]].
*** [[Sociedade colectiva|Sociedades colectivas]].
*** [[Sociedade comanditaria|Sociedades comanditarias]].
*** [[Sociedade de responsabilidade limitada|Sociedades de responsabilidade limitada]].
*** [[Sociedade anónima|Sociedades anónimas]].
** [[Cooperativa]]s.
** [[Asociación|Asociacións]]s.
** [[Fundación]]s.
 
* Persoas xurídicas de [[dereito público]]:
** O [[estado]].
** [[Comunidade autónoma|Comunidades autónomas]].
** [[Goberno rexional|Gobernos Rexionais]].
** Outros organismos estatais.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Suxeitos de Dereito internacional]].