Pene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 66:
O tamaño do pene varía moito entre as especies, mesmo entre aquelas moi relacionadas. Por exemplo, o pene erecto dun [[gorila]] adulto ten uns 4 cm, mentres que o do [[chimpancé]], cuxo tamaño corporal é significativamente menor, mide aproximadamente o duplo. O chimpancé común (''Pan troglodytes'') ten o terceiro pene máis grande entre os grandes simios. O pene humano e máis grande có do chimpancé común, tanto en termos absolutos como proporcionalmente ao tamaño corporal.
 
Con arredor de 2 m, o pene da [[balea azul]] é o máis grande de todo o [[reino animal]], mais proporcionalmente ao seu tamaño, o [[percebe]] ten o pene máis longo: unhas vinte veces a lonxitude total do animal. Os gorilas posúen penes relativamente pequenos, aínda que o de menor tamaño entre os vertebrados pertence á [[musaraña]], cuns 5 mm. Entre as [[aves]], só as pertencentes á superorde [[paleognathae]] ([[tinamú]]es, [[avestruz|avestruces]], [[casuario]]s, etc) e á familia [[anatidae|anátidos]] ([[parrulo]]s, [[ganso]]s, [[cisne]]s, etc) posúen pene e a súa estrutura é diferente á do pene dos mamíferos. O [[parrulo de lagoa arxentino]] (''Oxyura vittata'') ten o pene máis longo entre os [[vertebrado]]s proporcionalmente á masa corporal: o seu membro viril está enrolado no estado fláccido, e en estado erecto é común que mida a metade da lonxitude do seu corpo, quer dicir uns 20 cm. Crese que tamaños tan importantes poden ter relación coa competencia existente entre estas aves promiscuas.
 
A maioría dos [[Marsupial|marsupiais]], agás as dúas [[especie]]s máis grandes de [[canguro]]s, teñen o pene bifurcado, separado en dúas columnas e rematado en dúas puntas. Os machos da orde dos [[réptil]]es [[squamata]] (que inclúe [[lagarto]]s e [[serpe]]s) caracterízanse por ter [[hemipene]]s, quer dicir, o seu [[aparato reprodutor]] consta de dous penes. O [[golfiño]] ten control prénsil sobre o seu pene e pode usalo como un apéndice sensorial co cal sonda o fondo do [[mar]].
Liña 128:
Entre os indios as representacións do falo atópanse sobre os muros dos templos. En ocasións era levado como ornamento ou como amuleto, era obxecto de veneración e posuía virtudes medicinais.<ref name=morali>{{cita libro| autor =MORALI-DANINOS, A.| título =[http://books.google.es/books?id=jyXYlymfX9AC&printsec=frontcover&hl=en&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Historia de las relaciones sexuales.]| ano =1992| publicación =Publicaciones Cruz O. | id = ISBN 968-20-0180-3}} {{es}}</ref>
 
Nas representacións de Cristo da Idade Media o pano que cobre o corpo espido insinúa cos seus pregos a forma do falo, recreando a erección que a crenza popular atribúe aos estertores da morte. Noutros casos a forma do corpo crucificado traspón sobre o ventre unha erección vertical. Antes da revolución francesa en moitas igrexas había representacións de falos sobre as portadas e cuxa presencia se considera herdanza de tradicións pagás, tales como a de Hermes, Fascinus, etc.<ref name=sanchez>{{cita libro| autor =SÁNCHEZ, J.A. | título =[http://books.google.es/books?id=l6LNxKTkfr4C&printsec=frontcover&hl=en&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Situaciones: un proyecto multidisciplinar en Cuenca]| ano =2003| publicación =Universidad de Castilla La Mancha | id = ISBN 84-8427-265-6}} {{es}}</ref>
 
=== Sociedade ===