Pemento (condimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
O '''pemento''' ou '''pimento''' é un [[condimento]] en po de cor vermella e sabor característico obtido a partir do secado e moedura de certas clases de [[Capsicum annuum|pementos vermellos]]. É parte fundamental de certos pratos típicos galegos, como o [[chourizo]] ou o [[polbo á feira]]. Algunhas cociñas do mundo emprégano abundantemente, de maneira que a súa comida é moi coñecida polo emprego deste ingrediente, como é o caso da [[cociña húngara]].
 
== Variedades ==
Existen tres variedades importantes:
* ''Pemento doce'': que, como o seu nome indica, ten un sabor característico mais non é picante.
Liña 15:
O pemento de La Vera (Cáceres), distínguese das variedades doutros países e do de Murcia polo característico aroma afumado que desprende, debido ao proceso de secado mediante fume de madeira de carballo nos meses de outubro e novembro. En España acostúmase encontrar facilmente o pementón en supermercados ou tendas de ultramarinos. Adóitase comercializar en latas metálicas cun tapón de peche hermético adecuado para conservar o seu aroma e preservar da humidade.
 
== Usos ==
Un dos principais usos na cociña española é a elaboración de conservas, principalmente embutidos; tales como as sobrasadas, as chistorras, os chourizos (algúns deles procedentes da matanza folclórica do porco), o lombo adubado ou o morcón; e escabeches, tipicamente os mexillóns pero tamén polo, sardiñas, cabala, etc. Tamén se emprega igualmente na cociña diaria como condimento ou decoración dalgúns pratos, como o polbo á feira, os pinchos morunos, as patatas meneás, etc. un dos primeiros usos é como simple colorante alimentario, pode desta forma aliñar unhas olivas á madrileña, ou os garavanzos do cocido madrileño, etc. nalgúns casos proporciona un aroma afumado. Emprégase na elaboración de salsas como o mojo picón, mesturado con aceite nos mexillóns galegos. A elaboración de escabeches, a saborización de sopas (sopa de allo). Emprégase en arroces, engádese ás migas.
 
Na cociña do norte de África utilízase por exemplo para decorar o puré de garavanzos ou de berenxena. Na cociña húngara é moi coñecido o emprego abundante en varios pratos, entre eles o famoso gulash. Na cociña portuguesa o colorau emprégase en pratos con arroz.
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.pimentonvera-origen.com/ Pimentón de la Vera]
* [http://revista.consumer.es/web/es/20081201/actualidad/informe1/74325.php La odisea del 'oro' rojo (especial en imaxes de ''Consumer Eroski'')]
 
Liña 31:
[[de:Capsicum annuum]]
[[fa:فلفل دلمه‌ای]]
[[hu:fűszerpaprikaFűszerpaprika-őrlemény]]
[[id:Paprika]]
[[is:Paprika]]