Diferenzas entre revisións de «Pedro Barrié de la Maza»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
'''Pedro Barrié de la Maza''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[17 de decembro]] de [[1888]] e falecido o [[14 de marzo]] de [[1971]], [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]], foi un empresario [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - La Coruña.JPG|miniatura|200px|Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.]]
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando el os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.
Foi presidente de Astilleros e Talleres do Noroeste, S.A. ([[ASTANO]]) desde [[1948]] ata [[1971]]. Desde [[1944]] ata [[1971]] foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da [[A Coruña|Coruña]] construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.
 
Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como [[Aluminio de Galicia]], [[Gas Madrid]], [[La Toja]], [[Minero Siderúrgica de Ponferrada]], [[PEBSA]], etc.
 
En [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como poden ser a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] ou a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].
 
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]]<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ACB |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref>. Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
 
En [[1966]] creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]] hoxe absorbido por [[Banco Popular]]
 
== Vida persoal ==
Estivo casado con [[Carmela Arias y Díaz de Rábago]].
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Barrie de la Maza, Pedro}}
 
[[Categoría:Personalidades da empresa de Galicia]]
[[categoríaCategoría:Banqueiros de Galicia]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Nados en 1888]]
393.002

edicións