Pedagoxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 73 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q7922
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 9:
Por iso, reiteradas veces se ten explicitado "pedagoxía" como "androgoxía", significante que non chegou a ter a mesma aceptación. Tal vez porque "pedagoxía", ademais da tradición, tiña ó seu favor a insistencia na infancia como tempo crucial para construír a persoa a perfeccionar. Ademais de evitar as preocupacións da linguaxe sexista actual que requiriría "androgoxía" e "xinegoxía", canto menos.
 
== Concepto de pedagoxía ==
A pedagoxía é un conxunto de saberes que se ocupan da educación como fenómeno tipicamente social e especificamente humano. É por tanto unha ciencia de carácter psicosocial que ten por obxecto o estudo da educación coa fin de coñecela e perfeccionala. A pedagoxía é unha ciencia aplicada que se nutre de moitas outras ramas, como a [[socioloxía]], [[economía]], [[antropoloxía]], [[psicoloxía]], [[historia]], [[filosofía]] ou [[medicina]].
 
É importante considerar que a pesar de que a conceptualización da pedagoxía como ciencia é un debate aínda aberto e que se centra nos criterios de cientificidade que se aplican ás demais ciencias e que non se aplican directamente á pedagoxía. Por isto referirse á pedagoxía como ciencia pode ser un tanto ambiguo, incorrecto, ou polo menos debatible. Existen autores que definen á pedagoxía como un saber, outros como unha arte, e outros como unha ciencia (se ben recoñecendo que como ciencia habería que establecer apuntes específicos) de natureza propia e obxecto específico de estudo, que son os sistemas públicos educativos e non a educación en xeral. En vista de que a súa razón de ser non se halla en si mesma, e que non é senón o punto de chegada e partida de diversas elucubracións respecto da educación, e contidos que se poden observar noutras ciencias.
 
=== Tipos de pedagoxía ===
Existen varios criterios a través dos que se pode categorizar á pedagoxía:
* 1. Pedagoxía Xeral: É a temática que se refire ás cuestións universais e globais da investigación e da acción sobre a educación.
* 2. Pedagoxías específicas: As que ó longo dos anos sistematizaron un diferente corpo do coñecemento, en función das realidades históricas experimentadas (Pedagoxía Evolutiva, Diferencial, Educación especial, de adultos ou Andragoxía/ da Terceira Idade, etc...)
* 3. Tipos de pedagoxías segundo o propósito que plantexan:
* Pedagoxías tradicionais
* Pedagoxías da modernidade
Liña 29:
A letra '''Pi''' (π) adoita ser utilizada como símbolo da pedagoxía.
 
== '''Saídas Profesionais do Pedagogo:''' ==
Existen dous grandes ámbitos dentro das saídas profesionais que un pedagogo pode ocupar: O "social e empresarial" e o relacionado coa Organización escolar e a Dirección de Centros:
 
O pedagogo pode traballar en distintos ámbitos e realizar diversas actividades:
* Gabinete de Pedagoxía.
* Orientación laboral, persoal, familiar e escolar, tanto en centros públicos como privados.
* Colaboración e orientación en editoriais de libros relacionados coa educación.
* Asesoramento pedagóxico.
* Educación de adultos.
* Recursos Humanos en distintos tipos de empresas.
* Xestión da formación levando a cabo tarefas de planificación de accións formativas para empregados.
* Inspección e asesoramento educativo.
* Formación de formadores.
* Pedagoxía hospitalaria.
* Museística.
* Educación de persoas con n.e.e.
* Avaliación de centros.
* Diagnósticos pedagóxicos en calquera centro, como os ocupacionais.
* Traballo en centos de día e demais institucións dedicadas á terceira idade, así como en distintas organizacións, asociacións ou oenegués.
* Coordinación de obradoiros educativos, intervención sociocultural en barrios marxinais, coordinación de actividades de ocio e tempo libre, coordinación de proxectos de educacion ambiental.
* Investigación do campo educativo.
* Traballo en Centros de Profesores e Recursos (CPR´s),
* Axencias de colocación e ETT´s.
* Coordinación de Programas de Iniciación Profesional (Plans de Garantía Social).
* Educación en Institucións penitenciarias.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Educación]].
* [[Escola]].
* [[Paideia]].
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://www.revistadepedagogia.org/ Revista Española de Pedagogía] (castelán)