Paté: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
Chámase '''paté''' (do [[lingua francesa|francés]] ''pâté'') a un tipo de pasta untable elaborada habitualmente a partir de [[carne]] e [[fígado]] (aínda que existen versións [[vexetarianismo|vexetarianas]]) que adoita servirse sobre [[torrada]]s como [[aperitivo]]. Adoita elaborarse cunha mestura de carnes ou fígado picada finamente ou grosa, á que a miúdo se engade [[graxa]], [[verdura]]s, [[herba]]s, [[especia]]s, [[viño]] e outros ingredientes.
 
== Variantes locais ==
Na [[gastronomía de Francia]] e de [[gastronomía de Bélxica|Bélxica]], o paté pode cociñarse con costra como un [[pastel]] ou un [[pan]], nese caso denomínase ''pâté en croûte''. Por outra banda, pode cocerse nunha [[terrina]] (ou outro [[molde]]), a miúdo cuberto con graxa, denominándose entón ''pâté en terrine''. Tradicionalmente, unha [[farsa (cociña)|farsa]] cocida e servida nunha terrina chámase ''terrina'', pero cando se desmolda convértese en paté. O cambio de nome non ten influencia algunha no produto final.
 
Liña 12:
En [[Escandinavia]], o ''[[leverpostej]]'' é unha variante do ''pâté en terrine'' francés elaborada con fígado de porco. é un dos pratos fríos máis populares da rexión, que se consome en pan.
 
En [[Rusia]] e [[Ucraína]] o prato adoita prepararse principalmente con fígado e por iso coñécese comunmente como печеночный паштет aínda que tamén se usan outras carnes. A diferenza de occidente, primeiro cócese o fígado e trabállase con manteiga (e/ou con graxa intestinal) nunha pasta, á que se condimenta con herbas, cebola fresca ou frita, etcétera. Pode ser cociñado de novo (normalmente forneado), pero o máis frecuente é consumilo sen máis preparación. O paté sérvese sobre pan, a miúdo con folliñas de [[aneto]] ou outra herba encima.
 
== Patés vexetarianos ==