Partes por millón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
'''Partes por millón ''' (ppm) é unha [[metroloxía|unidade de medida]] coa que se avalía a [[concentración]]. Refírese á cantidade de unidades da substancia (axente, medicamento, etc) que hai por cada [[millón]] de unidades do conxunto. Por exemplo, nun millón de grans de arroz, se se pintase un de negro, este gran representaría unha (1) parte por millón. Abréviase como "ppm".
 
== Características ==
É un concepto análogo á da [[porcentaxe]], só que neste caso non é partes por cen senón por millón. De feito, poderíase tomar a seguiente equivalencia:
 
:'''10.000 ppm = 1  %'''
 
É dicir, que 10.000 ppm equivalen ao un por cento. Do anterior pódese deducir que esta unidade se usa de maneira análoga á porcentaxe, pero para concentracións ou valores moito menores. Por exemplo, cando se fala de concentracións de [[contaminación|contaminantes]] en [[auga]] ou en [[aire]], ou en [[Disolución|solucións]] con moi baixas concentracións ou cantidades de partículas de po nun ambiente, entre outros.
 
Un exemplo podería ser as medicións de concentración dun contaminante no aire do ambiente cuxo valor máximo permisíbel sexa 10.000 ppm. Tratar de escribir iso en porcentaxe sería pouco práctico, pois sería moito menor a 1  %.
 
Un concepto análogo utilízase para "partes por billón".
Liña 18:
* Análise química da auga: as ppm refírense a mg de [[analito]] por litro de auga; mg·L<sup>—1</sup>. Por exemplo: ''Cloruros = 20&nbsp;ppm'' equivale a ''20 mg·L<sup>—1</sup> como Cl<sup>—</sup>'', que quere dicir ''vinte miligramos de [[ión]] cloruro por litro de auga''.
* Contaminantes do aire: ppm refírese a partes de vapor ou gas por cada millón de partes de aire contaminado; cm³·m<sup>−3</sup>. Outra forma de expresalo é en mg·m<sup>−3</sup>, do que xordge un factor de conversión<ref>[http://www.cdc.gov/niosh/npg/pgintrod.html#conversion www.cdc.gov]</ref> que depende das propiedades físicas de cada contaminante. Por exemplo, para o [[benceno]] o factor de conversión é 1 ppm = 3,19&nbsp;mg/m³.<ref>[http://www.cdc.gov/niosh/npg/npgd0049.html NIOSH Pocket Guide to Chemical Hazards, Benzene]</ref>
* Análise, en minerais, de cantidades minúsculas doutras substancias presentes; ppm refírese a g de analito por [[tonelada]] de [[mineral]]; g·Ton<sup>−1</sup> ou mg·kg<sup>−1</sup>
* Estatística: ppm significa un caso cada un millón de casos da poboación en estudo.
* Tolerancia: ppm significa unha incertidume de un millonésimo da medición.
 
Ao igual que cando se usan [[porcentaxe]]s, pode ser necesario aclarar se son partes en volume, en masa ou peso, se se refiren a base seca, etc.
 
== Notas ==