Partido Andalucista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 23:
 
== Historia ==
A orixe do PA está no nacionalismo andaluz desenvolvido durante o século XIX e século XX. En 1962 [[Alejandro Rojas-Marcos]] aglutinou a diversos sectores sociais para impulsar unha organización política de ámbito andaluz, forzada á clandestinidade polo franquismo. Na primavera de 1965 estabeceuse o primeiro grupo político andalucista cando se formou unha célula en torno á facultade de Dereito da Universidade de Sevilla e que tiña como sinais de acción a identidade andaluza, esixencia de autonomía, non separatismo, posicións de esquerda moderada, reivindicación de igualdade con Cataluña e o País Vasco, etc. O grupo adopta o nome de '''Compromiso Político de Andalucía''', elixiu unha Secretaría colexiada, integrada por Alejandro Rojas-Marcos, Luis Uruñuela e Guillermo Jiménez.
 
En 1971, a revista Ruedo Ibérico publica en París o primeiro manifesto de Alianza Socialista de Andalucía, no que se pedía a autonomía. En 1974 integrouse na ''[[Junta Democrática de España]]''. Coa fin da ditadura franquista o PsA foi legalizado e puido realizar actividades políticas legais. En 1978, a '''Junta Liberalista de Andalucía''' que fundara [[Blas Infante]] integrouse na organización andalucista. En 1979, conseguen cinco deputados nas Eleccións Xerais celebradas en marzo conseguindo 326.000 votos, baixo o nome de Partido Socialista Andaluz, e conseguindo 250.000 votos nas municipais pactando co [[PSOE]] e o [[PCE]] para constituír gobernos municipais de esquerdas en Andalucía. Como consecuencia dos malos resultados das eleccións autonómicas de 1982 Alejandro Rojas-Marcos dimitiu da secretaría xeral, o partido iniciaba unha etapa descendente electoralmente.