Parque de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 3:
[[Ficheiro:Fuente del parque de Castrelos, Vigo.jpg|thumb|right|320px|Fonte e chafarices.]]
 
O '''Parque de Castrelos''', coñecido tamén coma '''Finca da Marquesa''' ou '''Parque Municipal Quiñones de León''', é un gran parque situado en [[Vigo]] que corresponde á antiga quinta do [[Pazo de Castrelos]], hoxe sede do [[Museo Quiñones de León]]. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un [[auditorio]], [[Bosque|zonas boscosas]], etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor [[Paisaxismo|paisaxístico]] e [[Botánica|botánico]] polo que foi declarado [[Xardín Histórico]] e [[Ben de Interese Cultural]] en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como [[faia]]s, [[Árbore das tulipas|tulipeiros]], [[eucalipto azul|eucaliptos]] e [[Camelia do Xapón|camelias]] aparecen no [[Árbores senlleiras de Galicia|Catálogo de Árbores Senlleiras]] da [[Xunta de Galiza]].
 
O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do [[século XVII]]. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.
Liña 37:
Ao pé das fiestras do pazo, aparece o nivel medio, o xardín [[Racionalismo|racionalista]]: simétrico, estábel e proporcionado no que salienta a escultura vexetal da [[sebe]] de [[buxo]]s. Concíbese, á maneira dos grandes xardíns da Francia [[Barroco|barroca]], a partir dun eixo lonxitudinal perpendicular á fachada que permite velo na súa totalidade cun so golpe de vista.
 
O intermedio constitúe o xardín francés. Distínguense dúas zonas: a inmediata á fachada cun trazado de [[sebe]]s de [[buxo]] formando un [[labirinto]], arrodeado dunha greca polo perímetro e unha fonte en cuxo aparecen uns [[golfiño]]s de granito, aínda que na súa orixe eran de [[chumbo]]. Destaca o exemplar de [[Camelia do Xapón|camelia]] , cuxa idade rolda os douscentos anos (a máis vella de Galiza). O sector máis afastado é de maiores dimensións e ten un trazado máis sinxelo, totalmente simétrico, en torno a un eixo lonxitudinal e a un florón central, no que aparecen, entre outras, unha boa escolma de [[Palmeira (botánica)|palmeiras]], [[teixo]]s, etc. No corredor lateral que o limita co xardín de roseiras atópase o paseo dos escudos.
 
No nivel máis baixo aparece o [[Xardín inglés|xardín romántico inglés]], tamén chamado “pradaría do té” dado o costume británico dos seus anteriores donos de tomar o té neste lugar. É un xardín moito máis sinxelo ca o francés. O seu deseño está asociado á corrente naturista, onde a flora semella medrar libremente sen unha orde predeterminada, agás as árbores. O estilo é subxectivo, con camiños imprevistos, especies de crecemento libre e elementos sacados do orientalismo como [[Pavillón (arquitectura)|pavillóns]] e [[pagode]]s a escala. Basicamente é unha pradería rectangular rodeada por dúas sendas de paso. No centro sitúase un encoro para parrulos cun illote central cunha reprodución a escala do propio pazo -influencia das miniaturas chinesas que tan de moda estiveron durante o século XVIII. Na parte final do xardín, sobre un estanque, érguese unha estatua do século XVII, “A fonte de Neptuno”, situada noutrora na Porta do Sol de Vigo. Hai neste xardín exemplares moi valiosos de especies exóticas coma [[tulipeiro]]s, [[araucaria]]s, [[camelia]]s e [[ficus]].
Liña 56:
Ademais dun auditorio, achamos un gran parque infantil e un paseo que vai pola beira do Lagares vencellado á práctica de deportes. Toda esta zona arborada inclúe diferentes especies botánicas, principalmente follosas [[Caducifolio|caducifolias]], tendo ao [[plátano común|plátano]] (''Platanus x hispanica'') como especie principal, algúns exemplares vellos acadan grandes alturas. Tamén atopamos [[carpe]]s, [[faia]]s, [[pradairo]]s, [[Acacia negra|acacias]], [[lamigueiro]]s, [[magnolia]]s, [[cedro]]s, [[tileiro]]s, [[bidueiro]]s, e multitude de arbustos ornamentais. Preto do río Lagares hai unha pequena zona con [[eucalipto azul|eucaliptos]] e algúns [[carballo común|carballos]] e na beira do mesmo río [[salgueiro chorón|salgueiros choróns]] e [[amieiro]]s. Destacan tamén os híbridos de plataneiros, os [[Castiñeiro de Indias|castiñeiros de indias]] ou [[sequoia]]s que poñen o teito do parque nesta zona chá por riba dos 30 metros. Varias das súas árbores figuran no [[Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia]], elaborado pola [[Xunta de Galiza]].
 
Nos anos 90 do [[século XX]] no que outrora fora unha zona boscosa, lamacenta e chea de brañas achegada á avenida de Castrelos arranxouse e se deseñou un encoro con grande acerto paisaxístico, coma hábitat de aves acuáticas. Esta zona inclúe ademais de diferentes [[Planta acuática|especies acuáticas]] ([[tapadeira]]s, [[alcipreste dos illós]]...) outras especies arbóreas e arbustivas de importancia. O lago artificial está construído a diferentes niveis, con pequenas [[fervenza]]s e chorros de auga. Unha ponte en medio da lagoa permite atravesala. Existe a posibilidade de realizar espectáculos de luz e son sincronizados co movemento da auga. Viven e conviven nel diferentes especies acuáticas: cisnes, parrulos, ocas, etc.
 
=== O auditorio ===