Papiro Ebers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
Descuberto por [[Edwin Smith]] en [[1862]], na tumba de [[Assasif]], en [[Luxor]], entre os restos dunha momia, comprouno de contado o exiptólogo alemán [[Georg Moritz Ebers]], ao que debe o seu nome e a súa tradución. Actualmente consérvase na biblioteca da Universidade de [[Leipzig]].<ref>[http://papyri.uni-leipzig.de/receive/UBLPapyri_schrift_00035080?lang=en Consulta en liña do papiro] no sitio do ''Papyrus-Projekt'', proxecto papirolóxico das universidades de Halle - Jena - Leipzig.</ref>
 
É tamén un dos máis longos documentos escritos encontrados do antigo Exipto: mide máis de vinte metros de lonxitude e uns trinta centímetros de alto, e contén 877 parágrafos que describen numerosas enfermidades en varios campos da [[medicina]] como a [[oftalmoloxía]], [[xinecoloxía]], [[gastroenteroloxía]], etc., e as correspondentes prescricións, así como un primeiro esbozo da depresión nerviosa. Representa tamén o primeiro documento humano que fai referencia ao [[cancro]].
 
Está escrito en [[hierático]]. Consta de 110 páxinas contendo unhas 700 fórmulas maxistrais e remedios.
Liña 10:
== Coñecementos médicos ==
 
A [[farmacopea]] exipcia da época recorría a máis de 700 substancias, extraídas na súa maior parte do reino vexetal: [[azafrán]], [[mirra]], [[áloe]]s, follas de [[rícino]], [[Nelumbonaceae|loto]] azul, extracto de [[lirio]], zume de [[papoula]], [[resina]], [[incenso]], [[cánabo]], etc.
 
O [[papiro]] tamén inclúe varios remedios obtidos de [[insecto]]s e [[araña]]s.<ref>Medeiros, E. M., Ramos-Elordut, J. & Pino, J. M. (2006): "Los insectos medicinales de Brasil: primeros resultados". ''Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa'', 38: 395-414.</ref>
 
Entre as substancias citadas encóntranse tamén ''po de estatuas, rabos de rato, pelos de gato, ollos de porco, dedos de can, leite de muller, seme humano, ollos de anguía e entrañas de ganso''<ref>S.I. McMillen, M.D. & David Stern, M.D. (2000): ''None of These Diseases''.</ref>, etc.
 
Contén un "tratado do [[corazón]]", no que destaca que o corazón é o centro do sistema sanguíneo, con vasos unidos a cada parte do corpo. Os exipcios describiron o corazón como o punto de reunión de numerosos vasos que transportaban os distintos fluídos como o sangre, as lágrimas, a urina e a esperma.
Liña 42:
=== Bibliografía ===
<div class="references-small">
* "Ebers papyrus." [[Encyclopædia Britannica]]. Ultimate Reference Suite. [[Chicago]]: Encyclopædia Britannica, [[2008]].
* Hans-Werner Fischer-Elfert (Hrsg.): Papyrus Ebers und die antike Heilkunde. Akten der Tagung vom 15. - 16.3.2002 in der Albertina/UB der Universität Leipzig. Harrassowitz, Wiesbaden 2005 (Philippika, 7), ISBN 3-447-05209-0
* Reinhold Scholl: Der Papyrus Ebers: die größte Buchrolle zur Heilkunde Altägyptens. Univ.-Bibliothek, Leipzig 2002. ISBN 3-910108-93-8