Paideia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
A '''paideia''' era, en palabras de [[Werner Jaeger]], o "proceso de educación na súa forma verdadeira, a forma natural e xenuinamente humana" na [[Grecia antiga]].
 
== Historia ==
Inicialmente, a palabra paideia (de ''paidos'', "neno") significaba simplemente a "creación de meniños". Mais este significado inicial está moi lonxe do elevado sentido que máis tarde adquiriu.
 
O termo tamén significa a propia cultura construída a partir da edución. Era o ideal que os gregos cultivaban do mundo, para si e para a súa mocidade. Dado que o autogoberno era moi valorado polos gregos, a Paideia combinaba ''ethos'' (hábitos) que o fixesen ser digno e bo, tanto como gobernado como gobernante. O obxectivo non era ensinar ofícios, senón promover a liberdade e nobreza. Paideia tamén pode ser entendida como o legado deixado dunha xeración a outra na sociedade.
 
Un [[pedagoxía|pedagogo]] (naquela época, un [[escravo]]) conducía ós mozos (nunca ás mozas), coa súa lanterna iluminadora, ata os centros ou asembleas, onde tiñan lugar as discusións arredor de pensamentos críticos, creativos, refuxios de cultura, valorización da experiencia dos anciáns, etc.
 
Suponse que, no proceso socio-histórico, ese mesmo pedagogo liberouse, tal vez de tanto dialogar nos acompañamentos do mozo ás asembleas, convertíndose nun personaxe da paideia, e o seu consumador.
 
Mais, se ata entón o obxectivo fundamental da educación era a formación aristocrática do home individual como ''Kalos agathos'' ("fermoso e bo"), a partir do [[século -5|século V a.C.]] esíxese algo máis da educación. Ademais de formar ó home, a educación debe formar tamén ó cidadán. A antiga educación, baseada na [[educación física]], a [[música]] e a [[gramática]], deixa de ser suficiente.
Liña 22:
A paideia vén así a significar "cultura entendida no sentido perfectivo que a palabra ten hoxe entre nós: o estado dun espírito plenamente desenvolvido, tendo desabrochado tódalas súas virtualidades, o do home convertido verdadeiramente en home" (Marrou, 1966: 158).
 
== Paideia na actualidade ==
O filósofo [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[Mortimer Adler]] intentou, coa súa produción científica, rescatar a paideia hoxe, na nosa contemporaneidade. Destaca a importancia de ler, estudar e aprender as ideas dos grandes pensadores.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.filosofiavirtual.pro.br/paideia.htm paideia] {{pt}}
* [http://www.hottopos.com/vdletras2/gilda.htm Cristianismo primitivo e paideia grega] {{pt}}
 
[[Categoría:Filosofía]]