Os verbos regulares galegos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 61:
| parta
partas
parta
partamos
partades
partan

! Preterito (Subxuntivo)

| cantase
cantases
cantase
cantásemos
cantásedes
cantasen
| comese
comeses
comese
comésemos
comésedes
comesen
Liña 76:
| parte
partide

! Infinitivo Conxugado

| cantar
cantares
cantar
cantarmos
cantardes
cantaren
| comer
comeres
comer
comermos
comerdes
comeren
Liña 83:

== A raíz nos verbos regulares ==

Os [[verbo]]s regulares teñen, normalmente, unha única [[raíz]] para todo o [[Paradigma (lingüística)|paradigma]], mentres que os irregulares xeralmente presentan, cando menos, dúas raíces: unha delas coincide coa do [[infinitivo]] e aparece nos tempos do [[tema de presente]] e a outra encóntrase nos tempos do [[tema de perfecto]]. Teñen tema de perfecto os seguintes tempos: [[pretérito perfecto]], [[pretérito pluscuamperfecto]], [[pretérito imperfecto de subxuntivo]], e [[futuro de subxuntivo]]; os restantes tempos constrúense co tema de presente.

=== Variacións na raíz dos verbos regulares ===
Como xa dixemos, a maioría dos verbos galegos son regulares e conxúganse segundo uns paradigmas fixos ([[economía da linguaxe]]). A maior parte destes verbos ten unha raíz constante en tódalas súas formas. Isto non inclúe a posición do acento, que varía dunhas formas a outras, nin nun número importante de verbos o [[Timbre (música)|timbre]] medio-aberto ou medio-pechado da [[vogal]] radical (a última ou única vogal da raíz).

En canto ó acento, a primeira. segunda e terceira persoas do singular e mais a tereceira do plural do presente de indicativo e do presente de subxuntivo, xunto coa segunda persoa de singular do imperativo, son formas '''rizotónicas''', pois levan o acento tónico sobre a vogal radical ''(and-o, and-as, and-a, and-an, and-e, and-es, and-e, and-a).'' Tódalas outras formas teñen o acento na vogal temática ou nas desinencias, e son chamadas '''arrizotónicas'''.

=== Alternancia de timbre nos verbos da primeira conxugaxión ===
Os verbos da primeira conxugaxión poden presentar unha alternancia de timbre na vogal radical entre un timbre medio-aberto [ɛ, ɔ] nas formas rizotónicas e un timbre medio pechado [e, o] nas formas arrizotónicas:

Liña 105:
As vogais radicais de timbre aberto ou pechado non presentan ningunha alternancia: a (amar), i (mirar), u (suar).

=== Alternancia de timbre nos verbos da segunda conxugación ===
Na segunda conxugación a raíz é constante cando a vogal é de timbre aberto: ''arder, bater, varrer''. Téñase en conta que non hai verbos da segunda conxugación con vogais de timbre pechado (/i, u/); os poucos verbos que tiñan esta vocal no galego medieval pasaron á CIII (dizer > dicir, escriver > escribir, viver > vivir) ou cambiaron a vogal do radical (dizer > dial. decer). Só se mantén a vocal esperable no [[adxectivo]] procedente do [[participio de presente]]: ''afluente, contradicente, vivente, escribente, lucente.''

Os verbos con vogal radical de timbre medio-aberto poden seguir dous comportamentos:

* Manter inalterado o timbre da vogal radical en todo o paradigma, sexa medio-pechado (ler, crer, deber) ou medio-aberto (quecer, esquecer).
* Presentar unha alternancia de timbre na vogal radical, que terá timbre medio-aberto na segunda persoa do singular e na terceira de singular e plural do presente de indicativo e medio-pechado nos demais casos, tanto que sexa tónica coma átona; así encontramos /ɔ, ɛ/ en ''comes, come, comen'' e ''xemes, xeme, xemen'', e /o e/ en tódalas demais formas da conxugación. Algunhas veces o timbre da vogal radical permite diferenciar dúas formas, como en c[ˈɔ]me, x[ˈɛ]me (presente de indicativo) e c[o]me, x[e]me (imperativo).

Algúns verbos incoativos, como aparecer, adormecer, agradecer, podrecer..., presentan diferencias xeográficas, xa que nunhas [[fala]]s presentan alternancia e noutras teñen vogal radical medio-pechada en todo o paradigma.

=== Alternancia de timbre nos verbos da terceira conxugación ===
Na CIII distínguense tres grupos:
* Os verbos con radical /a/ ou /i/ non presentan ningunha alteración: ''abrir, saír, incidir, partir, dividir, vivir'', etc.
* Os verbos con vogal radical /e/ presentan dous tipos de alternancia:
:* Vogal radical /i/ nas formas rizotónicas do presente de indicativo e imperativo e en todo o presente de subxuntivo, fronte ó /e/ das demais: advirto, advirtes, advirte, advirta, / advertía, advertimos,... Tal cal ''advertir'' conxúganse ''adherir, divertir, transgredir, conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir, competir, repetir, concernir, competir, repetir, concernir, discernir, (d)espir, dixerir, inxerir, medir, pedir'' (e derivados), ''vestir'' (e derivados),... Cómpre subliñar que desde o punto de vista fonolóxico esta alternancia non existe: é indiferente que se pronuncie *advirtimos ou advertimos, pois estas vogais medias poden alternar entre [e]∼[i] ante un ''í'' tónico ([[harmonización vocálica]]).
:* Vogal radical /i/ na primeira persoa do singular do presente de indicativo, segunda persoa do imperativo e en todo o presente de subxuntivo, /ɛ/ na segunda persoa do singular e terceira persoa do singular e plural do presente de indicativo e /e/ nas demais formas: ''sirvo, s[ˈɛ]rves, s[ˈɛ]rve, s[e]rvimos, s[e]rvides, s[ˈɛ]rven, sirve ti, s[e]rvide vós, sirva, sirvas, sirva, sirvamos, sirvades, sirvan, servía,...'' Fan como ''servir'': ''ferir, mentir, seguir, sentir'' e derivados (o único derivado que ten ''ferir'' é ''malferir'').
* Algúns verbos con vogal radical /u/ presentan alternancia na vogal radical: /O/ na segunda persoa do singular e terceira persoa do singular e plural do presente de indicativo e /u/ nas demais formas: ''durmo, d[ˈɔ]rmes, d[ˈɔ]rme, d[u]rmimos, d[u]rmides, d[ˈɔ]rmen, d[u]rmes ti, d[u]rmide, d[u]rmía,''... Fan como ''durmir'': ''bulir (rebulir), cubrir'' (e deriv.: ''descubrir, recubrir, encubrir''), ''acudir, sacudir, cumprir, cuspir, durmir, engulir, fundir, fuxir'' (e deriv.:''subterfuxir, transfuxir''), ''lucir'' (e deriv: ''deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir''),'' mulir, muxir, pulir, pruír, ruxir, subir, sufrir, sumir, tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir''.

==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*Fernández Rei, F. (1991 [1986]): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632-644.
*Fernández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade.
*Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
*Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1995 [1982]): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 199512.
*Nicolás, R. (1 993): Diccionario dos verbos galegos. Pontevedra: 0 Cumio.
*Santamarina, A (1974): El verbo gallego.

== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Fernández Rei, F. (1991 [1986]): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632-644.
* Fernández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora Pilar Vázquez Cuesta Santiago: Universidade.
* Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1: Morfoloxía verbal. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza.
* Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1995 [1982]): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG, 199512.
* Nicolás, R. (1 993): Diccionario dos verbos galegos. Pontevedra: 0 Cumio.
* Santamarina, A (1974): El verbo gallego.

[[Categoría:Gramática da lingua galega|Verbos regulares galegos]]