Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 50:
A vía principal de comunicación é a estrada [[C-642]], que provén de [[Ferrol]] e atravesa o concello polo norte, a partir da cal se organizan o resto das estradas. Tamén pasa o [[camiño de ferro]] de [[FEVE|vía estreita]] (FEVE) de Ferrol a [[Xixón]].
 
Ortigueira sitúase entre a [[serra da Capelada]] ao oeste e a [[serra da Coriscada]] e a [[serra da Faladoira]] ao leste. O relevo, consistente en materiais de [[lousa]], vai baixando cara á [[ría de Ortigueira]]. Estas aliñacións actúan como divisoria de augas entre os afluentes do [[río Sor]] e os que verten directamente na ría de Ortigueira ([[río Mera, ría de Ortigueira|Mera]], [[río Baleo|Baleo]], [[río Maior|Maior]], etc.), que son curtos e teñen unha pendente forte.
 
A temperatura media é de 12,9 °C, con mínima en febreiro e máxima en agosto; a [[amplitude térmica]] é escasa, non chegando aos 9 °C. A choiva é de arredor de 1.000 mm. O relevo produce un efecto de barreira á entrada dos ventos dominantes, o que aumenta a pluviosidade, mentres que na parte central do concello apenas se superan os 850 mm, ben que o número de días despexados sexa reducido.