Niceto Alcalá-Zamora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 35:
'''Niceto Alcalá Zamora y Torres''', nado en [[Priego de Córdoba]] o [[6 de xullo]] de [[1887]] e finado en [[Bos Aires]] o [[18 de febreiro]] de [[1949]], foi un político e avogado [[España|español]], que foi primeiro presidente da [[Segunda República española]].
 
== Traxectoria ==
=== Primeiros anos ===
Avogado de gran prestixio e sona, iniciou a súa carreira política dende moi cedo militando no ''Partido Liberal del conde de Romanones''. Foi deputado en [[1905]] e [[1907]] e subsecretario de gobernación. Máis tarde pasou ao sector demócrata impulsado por [[Manuel García Prieto]], e no goberno deste, foi nomeado Ministro de Fomento e Ministro da Guerra ([[1922]]).
 
Foi tamén representante de [[España]] na [[Sociedade de Nacións]]. Opositor da ditadura de [[Miguel Primo de Rivera]], o [[13 de abril]] de [[1930]], pronunciou un discurso moi violento contra a monarquía, á cal lle retirou o seu apoio e confianza, e dende alí propuxo unha república conservadora, burguesa, e que se apoiara nas clases medias e nos intelectuais.
 
=== O goberno provisional ===
Conxuntamente con [[Miguel Maura]] e o seu partido [[Derecha Liberal Republicana]], representou ao republicanismo conservador no [[Pacto de San Sebastián]] co fin de impulsar un movemento popular que derrotara á monarquía e instaurara a república. Do ''Pacto de San Sebastián'' xurdiu o comité encargado de dirixir a acción republicana en España. Alcalá-Zamora foi elixido o seu presidente.
 
Liña 48:
A difícil situación na que entraba España, tras a dimisión do presidente Berenguer en [[febreiro]] de [[1931]], o rei encargoulle ao almirante Aznar a formación do goberno. O día 18 presentou o novo executivo formado na súa totalidade por ministros monárquicos. O día [[12 de abril]], celebráronse eleccións municipais e o resultado foi de 22150 concelleiros monárquicos e 5775 republicanos; porén en 41 das 50 capitais de provincia gañaron os republicanos, que no cómputo total conseguiran máis votos pois era maior o número de votos necesarios para ser concelleiro na cidade que no rural. [[Afonso XIII]], partidario fronte a algún dos seus ministros de que non houbera enfrontamentos, exiliouse ante o ultimato do Comité Revolucionario presidido por Alcalá-Zamora. Este, que tiña dende o primeiro momento o apoio popular e tamén o da [[Garda Civil]], comandada polo [[José Sanjurjo Sacanell|xeneral Sanjurjo]], converteuse no presidente do goberno provisional. Este novo goberno proclamou a [[Segunda República Española|Segunda República]] o [[14 de abril]] de [[1931]].
 
=== Nacemento da II República ===
O [[15 de abril]] o goberno publicou un programa de actuación baseado nos acordos de San Sebastián. Foi anunciada a reforma agraria, liberdade de cultos e crenzas, respecto á propiedade privada, responsabilidades aos colaboradores da ditadura, aumento das liberdades individuais e sindicais, etc.
 
Cando apenas accedeu ao poder, o goberno tivo que enfrontarse á proclamación da república catalá e aos sucesos anticlericais do mes de maio, tamén tivo moitos problemas coas organizacións anarquistas que lle negaron o apoio á república.
Liña 57:
Temendo que Zamora emprendera unha campaña revisionista e de desprestixio contra a república, socialistas e azañistas ofrecéronlle a presidencia do Goberno, cargo para o que foi elixido o [[2 de decembro]]. Xurou o cargo o [[11 de decembro]] de [[1931]].
 
=== Primeiro presidente da República ===
Alcalá-Zamora era un home autoritario e convencido da súa misión, dende o primeiro momento tratou de intervir nos asuntos do goberno. Por esta razón quedou apartado do papel que lle correspondía, compensar o ''xacobismo'' do seu primeiro ministro [[Manuel Azaña]].
 
A idea do presidente era incorporar á dirección de España as novas forzas xurdidas despois da [[Restauración borbónica en España|Restauración]] e contidas polos últimos borbóns. Esta apertura debía de facerse pola vía pacífica e parlamentaria. O [[14 de abril]] de 1931 pareceu darlle a razón, pero a partir dese momento os sucesos indicáronlle que a realidade non correspondía cos seus soños.
 
=== Problemas con Azaña ===
Non é de estrañar que o presidente tivera malas relacións co seu goberno. Este situación quedou ao descuberto cando Azaña presentou para a súa ratificación a ''Lei de Congregacións'' - lei de secularización da ensinanza - e a ''Lei do Tribunal de Garantías Constitucionais'', que completaban a [[Constitución da República Española de 1931|Constitución de 1931]]. Alcalá-Zamora resistiu ao máximo para firmar as leis, pero non se atreveu a vetalas.
 
Liña 69:
Este novo goberno de Azaña (o terceiro), non tivo o respaldo das Cortes, polo que en [[setembro]] dimitiu. Alcalá-Zamora disolveu as Cortes e, despois dun curtísimo mandato radical [[Alejandro Lerroux]], encargoulle ao radical [[Diego Martínez Barrio]] a concorrencia a novas eleccións ([[8 de outubro]] de [[1933]]).
 
=== A súa caída ===
Por [[maioría absoluta]] gañaron as esquerdas agrupadas no [[Frente Popular]]. Se isto era unha derrota para as dereitas, máis o era para Alcalá-Zamora. Azaña foi encargado para formar goberno.
 
Liña 80:
Despois de dúas semanas nas que se fixo cargo da Xefatura do Estado [[Diego Martínez Barrio]], na súa calidade de presidente das Cortes, foi substituído por [[Manuel Azaña]] o [[11 de maio]] de [[1936]].
 
== Últimos anos ==
O inicio da [[Guerra Civil]] sorprendeuno nunha viaxe a [[Escandinavia]]. Decidiu non regresar a España cando soubo, segundo conta nas súas memorias, reescritas durante o seu exilio, de que milicianos do Frente Popular entraran ilegalmente no seu domicilio, roubándolle as súas pertenzas, e roubado a súa caixa de seguridade situada no banco Crédit Lyonnais en [[Madrid]]. Fixou a súa residencia en [[Francia]] onde tamén o sorprendeu a [[Segunda Guerra Mundial]].
 
Liña 98:
{{End box}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Manuel Azaña]]
* [[Segunda República Española]]
* [[Alejandro Lerroux]]
* [[Constitución española de 1931]]
* [[Pacto de San Sebastián]]
* [[Frente Popular]]
 
{{ORDENAR:Alcala Zamora, Niceto}}
 
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Nados en Priego de Córdoba]]