Neognatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 17:
| subdivision = <center>''Véxase o texto''</center>
}}
Os '''neognatos''' ('''Neognathae'''; do [[lingua grega|grego]] ‘mandíbulas novas’) son unha das dúas [[Superorde (bioloxía)|superordes]] de [[aves]] dentro da subclase [[Neornithes]]. Neognathae contén practicamente todas as aves vivas, a excepción das pertencentes ao seu taxón irmán (a outra superorde vivinte: [[Palaeognathae]]), que contén a familia das ''[[Tinamidae]]'' e as non voadoras [[Ratites]] (avestruces, emús, etc.)
 
Hai cerca de 10.000 especies de neognatos desde finais do Cretácico, de onde son os primeiros fósiles coñecidos, que sufriron unha radiación adaptativa, a cal produciu a diversidade de forma, función e comportamento que se ve hoxe. Dentro desta superorde encóntranse as paseriformes (aves de percha), o clado máis grande de vertebrados terrestres, o cal contén un 60% das aves que viven, e ten máis do dobre de especies que os [[roedores]], e unhas 5 veces máis que os [[quirópteros]] (morcegos e raposos voadores), que son os clados máis grandes de mamíferos. Por outro lado, esta superorde contén algunhas ordes moi pequenas, polo xeral de aves de relacións filoxenéticas moi pouco claras, como o [[Opisthocomus hoazin|hoacíns]].