Navegación marítima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q102066
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 27:
 
=== Navegación astronómica ===
É a navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas na observación das [[Estrela (astronomía)|estrelaestrelas]]s e demais [[Corpo celeste|corpos celestes]]. As variables medidas para achar a situación, son, a altura angular observada dos astros sobre o horizonte, medida co sextante (antigamente co astrolabio ou outro instrumento) e o [[tempo]] medido co cronómetro.
 
Conceptualmente o proceso non é complexo de entender. Sabendo o momento da observación e cos datos contidos no almanaque náutico, é posible determinar as coordenadas astronómicas do astro observado. Sabendo as [[coordenada]]s do astro observado e a altura sobre o horizonte con que foi observado podemos deducir que a posición do observador está situada nun círculo cuxo centro está situado no punto xeográfico situado directamente baixo o astro. Calquera observador situado en calquera punto dese círculo observará o astro coa mesma altura sobre o [[Horizonte (xeografía)|horizonte]]. O observador pode saber xa que logo que a súa posición é nalgún punto deste círculo.
 
Na práctica, o proceso matemático de "redución" da observación pode resultar complexo para os non iniciados. Á altura observada co sextante é necesario aplicarlle unha serie de correccións para compensar a refracción atmosférica, paralaje e outros erros. Unha vez feito isto é necesario resolver por métodos matemáticos e trigonométricos un [[Trigonometría esférica|triángulo esférico]]. Hai moitos métodos para facer isto. Os métodos manuais utilizan táboas (trigonométricas, logaritmos, etc.) para facilitar os cálculos. A aparición a finais do [[século XX]] das calculadoras e computadoras electrónicas facilitou grandemente o cálculo pero a aparición do GPS pouco despois converteu axiña a navegación astronómica en algo obsoleto.
 
Véxase tamén: [[Historia da navegación astronómica]]