Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 132:
A flora rexional adóitase dividir en subcategorías como son ''flora nativa'' a que aparece de xeito espontáneo, a ''flora agrícola'' e a ''flora de xardín'', que son as que cultiva o home intencionadamente. Algunhas clases de flora nativa, en realidade foron introducidas fai [[século]]s, por exemplo, por [[emigrantes]] que viaxaron dunha rexión ou continente a outro, e co paso do tempo convertéronse en parte da flora nativa ou natural do novo hábitat. Este é un exemplo máis de como a acción humana pode influír naquilo que se considera "natureza". Sirva como exemplo o [[castiñeiro]] ''Castanea sativa'', árbore [[caducifolia]] moi común nos montes de [[Galicia]] cuxa forte aclimatación ás terras e condicións galegas fai pensar que é unha especie autóctona, cando en realidade foi introducida no tempo dos [[Imperio romano|romanos]].<ref>http://www.rios-galegos.com/arb33.htm#Historia_do_castiñeiro:_ Historia do Castiñeiro</ref><ref>http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm O Castiñeiro</ref>
 
Outra categoría de plantas son as denominadas "malezas". Aínda que o termo perdeu uso entre os [[botánico]]s como un xeito de designar as plantas "inútiles", o seu uso informal, co que se lle chama en xeral a aquelas plantas que estorban e que compre eliminar, ilustra perfectamente a tendencia xeral das persoas, e das sociedades en xeral, de pretender alterar o curso da natureza. Do mesmo xeito, os animais adóitanse clasificar con denominacións como animais ''domésticos'', ''de granxa'', ''salvaxes'', ''pragas'', etc., segundo a relación que teñan co ser humano.
 
=== Os animais ===
Liña 185:
[[Ficheiro:Salmonlarvakils.jpg|miniatura|dereita|200px|<center>Eclosión dun [[salmón atlántico|salmón]]. <br />O nacemento e a natureza.<ref>Unha das raíces latinas de "natureza" é ''natus'', que deriva de ''nasci'', "nacer". http://www.etymonline.com/index.php?term=nature Online Etymology Dictionary Dicionario inglés de etimoloxía online ''en inglés''</ref>]]
 
A [[beleza]] da natureza é un tema recorrente na vida moderna e na [[arte]]: os libros que o enxalzan enchen grandes andeis das bibliotecas e librerías. Esta cara da natureza, que a arte ([[fotografía]], [[pintura]], [[poesía]], etc.) retratou e eloxiou en moitas ocasións revela a forza con que moitas persoas asocian a natureza coa beleza. O porqué da existencia desta asociación e debido a que constitúen o campo de estudo da [[estética]], unha rama da [[filosofía]]. Para a [[relixión]], a beleza explícase porque é creación de Deus, e polo tanto perfecta. Moitas culturas teñen unha imaxe da natureza como chea de divindade, ou identificada directamente coa divindade ([[panteísmo]]).
 
Máis aló de certas características básicas da natureza, na beleza das cales coinciden bastantes filósofos, hai unha gran diversidade de opinións<ref>http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm</ref><ref>http://www.emersoncentral.com/beauty.htm</ref> Moitos científicos, que estudan a natureza de xeito máis específico e organizado, tamén comparten a idea de que a natureza é fermosa.