Napoleón III de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 43:
A [[constitución]] da II República estableceu ríxidas normas ao exercicio da maxistratura presidencial limitándoa para un termo de só catro anos, sen posibilidade de reelección, a fin de evitar que un presidente abusase do seu poder para transformar a [[República]] nunha [[ditadura]] ou obtivese unha presidencia [[vitalicia]].
 
En maio de 1849 celébranse eleccións á [[Asemblea nacional]] que gañan os monárquicos lexitimistas. A presidencia de Luís-Napoleón está así marcada pola súa oposición á política conservadora desta Asemblea nacional: envío a [[Roma]] das tropas para dominar unha rebelión contra o [[Papa]]; voto da lei Falloux, favorable para o ensino relixioso, etc.
 
O 31 de maio 1850, a Asemblea vota unha lei electoral que abole o [[sufraxio universal]] masculino e retorna ao [[voto censitario]], o que elimina a tres millóns de persoas do electorado, entre as que están [[artesáns]] e [[obreiro]]s estacionais. Por outra banda, Luís Napoleón fai presión para aumentar a duración do seu mandato, mentres que a Asemblea nacional oponse a todo proxecto de reforma constitucional. E é tamén que a principios dos anos 1850, o 15 de agosto pasa a ser a festa nacional en Francia. Esta celebración vai permitir ao príncipe-presidente empezar a transición cara ao segundo Imperio, e vai impor con éxito un modelo de festa nacional popular que tamén será a benvida na República. O 15 de agosto pasará a ser pois por decreto do 15 de febreiro de 1852 a [[festa de san Napoleón]].