Música minimalista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
→‎Visión xeral: máis de fr.wiki
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
Máis que un retorno á [[música tonal|tonalidade]], esta corrente caracterízase principalmente pola utilización dunha [[métrica (música)|pulsación]] regular e a repetición de motivos curtos que evolucionan lentamente. Máis aló dun movemento de reacción ao [[serialismo integral]], daquela dominante en Europa, a música minimalista marcou o xurdir dunha música americana innovadora, liberándose dos seus vínculos europeos. Os compositores minimalistas tamén realizaron un retorno a unha música de maior emoción, en lugar do enfoque esencialmente intelectual da música serial, ou o enfoque conceptual da [[música experimental]] levada a cabo por [[John Cage]]. Despois duns inicios difíciles fóra dos circuitos tradicionais da [[música clásica]], a música minimalista adquiriu a presencia dun certo público, ás veces de universos diferentes coma o [[jazz]], o [[música rock|rock]], a [[improvisación libre]], ou a [[música electrónica]]. A [[televisión]] e o [[cinema]] teñen empregado frecuentemente esta música, en particular obras de Philip Glass, contribuíndo á súa difusión entre o gran público. Certas críticas violentas tamén se teñen expresado dende o mundo musical, acusando ao minimalismo de producir un consumidor de música superficial e sen alma.
 
== Visión xeral ==
=== Contexto musical ===
A [[música contemporánea]] dos anos 1950-60 estaba dominada polo [[serialismo integral]] e a vangarda europea en torno a [[Pierre Boulez]], [[Luigi Nono]], [[Bruno Maderna]], [[Luciano Berio]], [[Karlheinz Stockhausen]], etc. Os compositores experimentaron coas novas tecnoloxías da electrónica e así baseando os fundamentos da [[música electrónica]] e da [[música concreta]], baixo o impulso especialmente de [[Pierre Schaeffer]], [[Karlheinz Stockhausen]], e [[Pierre Henry]].
 
Nos [[Estados Unidos]], é a figura de [[John Cage]] a que dominaba, cun enfoque esencialmente conceptual, qui domine, dans une approche essentiellement conceptuelle, cerca do ''[[happening]]'', así como co fío vermello da indeterminación. Esta foi tamén a época da creación do movemento artístico denominado [[Fluxus]], dirixido a empurrar as fronteiras da mesma noción da obra de arte, que influíu tamén aos minimalistas. Os anos 1950-60 tamén viron o nacemento e desenvolvemento baixo a influencia de [[John Coltrane]] e [[Ornette Coleman]] do [[free jazz]], que marcou particularmente aos compositores americanos da época.
 
A música popular non pode ser ignorada no contexto musical. A emerxencia e dominación do [[Rock 'n' roll]], o descubrimento en occidente da [[World music|música do extremo oriente]], e en particular da [[música da India]], exerceron tamén a súa influencia sobre os minimalistas.