Diferenzas entre revisións de «Máquina de vapor»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
(Desfíxose a edición 3294648 de 193.144.97.214 (conversa) - Edición de carácter ideoloxico e sen motivos)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
 
[[Ficheiro:Railroad1860.jpg|dereita|miniatura|Tren de vapor]]
Os motores de vapor empregáronse habitualmente para mover máquinas e aparatos tan diversos como bombas, máquinas locomotoras, motores mariños, etc. durante a [[Revolución Industrial]] en cuxo desenvolvemento tivo un papel relevante. As modernas máquinas de vapor utilizadas na xeración de enerxía eléctrica non son xa de émbolo (o desprazamento positivo) como as descritas senón que son [[turbomáquina]]s, é dicir, atravesadas por un fluxo continuo de vapor . Estas turbomáquinas reciben a denominación xenérica de [[turbina de vapor|turbinas de vapor]]. Na actualidade a máquina de vapor alternativa é un motor moi pouco usado salvo para servizos auxiliares xa que se viu desprazada especialmente polo motor eléctrico na maquinaria industrial e polo de combustión exterior no transporte.
 
== Evolución histórica ==
Moitos foron os autores que tentaron determinar a data da invención da máquina de vapor atribuíndoa a tal ou cal inventor, intento van xa que a historia do seu desenvolvemento está chea de nomes propios. Dende a recompilación de Herón ata a sofisticada máquina de Watt son multitude as melloras que en Inglaterra e especialmente no contexto de unha incipiente [[Revolución industrial]] nos séculos XVII e XVIII conduciron sen solución de continuidade dende os rudimentarios primeiros aparatos sen aplicación práctica á invención do motor universal que chegou a implantarse en tódalas industrias e utilizarse no transporte desprazando os tradicionais ''motores'' como o animal de tiro, o muíño o a propia forza do home.
 
=== Primeiras tentativas ===
Entre as reliquias da civilización exipcia encontramos o primeiro rexistro coñecido dunha máquina de vapor no manuscrito de [[Herón de Alexandría]] titulado ''Spiritalia seu Pneumatica.'' Os aparatos alí descritos non se sabe con certeza se foron obra do enxeño de Herón porque el mesmo di na súa obra que a súa intención non é outra que recompilar as máquinas que xa eran coñecidas e engadir as inventadas por el. Nada no texto indica quen puido ser o artífice dos dispositivos descritos e sospéitase que moitos poidan ser en realidade obra de [[Ctesibio]] de quen Herón foi pupilo.
 
A diferenza dos dispositivos anteriores nos que o vapor actúa sobre a propia superficie libre da auga para impulsala [[Christiaan Huygens|Huygens]] deseña en 1680 un aparato de pistón no cal o fluído é o aire quente producido nunha explosión que ó arrefriarse e contraerse arrastra o émbolo elevando un peso. Anos máis tarde Papin (1690) substitúe o aire por vapor de auga e incluso nunha modificación posterior (1695) deseña un forno e xerador de vapor de grande eficiencia co que logra importantes aforros de combustible e ata catro golpes do pistón por minuto. Sen sabelo Papin encontrábase moi cerca de desenvolver a máquina de vapor, así a todo, Leibniz en 1705 lle fai chegar un debuxo da máquina de Savery e dous anos máis tarde deseña un novo tipo de máquina para elevar a auga, modificación da de Savery, na cal abandona o modo de Huygens o que supuxo un evidente retroceso.
 
=== Máquina de compresión ó baleiro ===
Nos albores do século XVIII tódolos elementos necesarios da máquina de vapor foran inventados e aplicados exitosamente con diferentes propósitos e a natureza da presión atmosférica e da presión dos gases era comprendida, así como se coñecía o baleiro e a forma de obtelo mediante a condensación do vapor. Faltaba soamente o enxeñeiro que combinara os coñecementos prácticos e teóricos dispoñibles nunha máquina que fose capaz de aproveitar o poder do vapor de forma económica e este foi [[Thomas Newcomen]] quen co seu axudante [[John Calley]] inventou unha nova máquina que denominou ''Máquina de vapor atmosférica'' (1712).
 
A mediados do século XVIII a máquina de Newcomen empregábase extensivamente nos distritos mineiros de Inglaterra e exportárase a outros países europeos, así a todo o elevado consumo de combustible que esixía o seu funcionamento dificultou a súa aplicación noutras actividades industriais ou no subministro de auga potable, a pesar diso, incluso despois da invención de Watt seguíronse construíndo.
 
=== Máquina de expansión ===
Auspiciado por [[Joseph Black]] ocupado nas investigacións que lle conducirían ó descubrimento da [[calor latente]], [[James Watt]] propúxose mellorar a máquina de Newcomen descubrindo no curso dos seus experimentos que o vapor era unha reserva de calor moito máis vasta cá auga e comprendendo que era necesario limitar todas as perdas de calor que se producían na artesanal máquina de Newcomen para diminuír o consumo de combustible, principal hándicap destas máquinas. Analizando o problema identificou as perdas debidas ó propio cilindro, á práctica de arrefriar o vapor para lograr o baleiro necesario para mover a máquina e á presión residual do vapor. Nos seus experimentos posteriores, verdadeiros traballos científicos, chegou á conclusión de que ''o cilindro debía manterse á mesma temperatura có vapor''.
 
Segundo as súas palabras, mentres daba un paseo un espléndido sábado pola tarde e meditaba sobre a máquina, unha idea lle veu á cabeza ''como o vapor é un corpo elástico precipitaráse no baleiro, e, se se comunicara o cilindro cun depósito exhausto, precipitaríase no seu interior onde podería condensarse sen arrefriar o cilindro''. Así a todo o desenvolvemento e perfeccionamento do condensador separado deixou a Watt na ruína e en [[1765]] viuse obrigado a buscar emprego e abandonar o seu traballo ata que en [[1767]] [[John Roebuck]] accedeu a financiar os seus experimentos e a explotación comercial da máquina a cambio das dúas terceiras partes dos beneficios da patente que se obtivese. En [[1768]] Watt construíu unha máquina que operaba de maneira satisfactoria, aínda imperfecta, e presentou ó ano seguinte a solicitude da patente. Tras diferentes avatares económicos Roebuck desprendeuse da súa parte do negocio en favor de [[Matthew Boulton]] e xuntos [[Boulton & Watt]] finalmente levarían á práctica a invención de Watt e outros perfeccionamentos. A primeira máquina construíuse en Kinneil, cerca de Boroughstoness en [[1774]]. A partir de entón a historia da máquina de vapor será a da firma Boulton & Watt e case tódalas melloras que se introduzan nela serán obra do propio Watt, entre outras, o paralelogramo de Watt, a expansión do vapor, a máquina de dobre efecto (na que o vapor actúa alternativamente sobre ambas caras do pistón), etc.
 
== A máquina de vapor en España ==
393.002

edicións