MACBA: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
O '''Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona''' (en [[Lingua catalá|catalán]] ''Museu d’Art Contemporani de Barcelona''), coñecido tamén polas súas siglas '''MACBA''', está adicado basicamente á exposición de obras realizadas durante a segunda metade do [[século XX]]. Atópase no barrio do [[El Raval|Raval]] na cidade de [[Barcelona]] ([[España]]), moi preto do [[Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona|Centro de Cultura Contemporánea]].
 
== Historia ==
A idea de establecer na cidade un museo destas características débese ao escritor e crítico de arte [[Alexandre Cirici-Pellicer]] quen, en [[1959]], comezou a reunir unha colección de obras. Cirici contou coa axuda doutros afeccionados á arte que contribuíron na ampliación da colección. Realizaron diversas exposicións itinerantes con obras de artistas da época. A mostra ''A arte e a paz'', celebrada en [[1963]] e que tiña un claro contido antifranquista, supuxo o final da idea de Cirici. A colección ata entón recompilada depositouse no Museo Víctor Balaguer.
 
Liña 9:
A construción da que sería a sede do museo encargouse ao arquitecto [[Estados Unidos de América|norteamericano]] [[Richard Meier]]. O edificio proxectado por Meier pretende unir a [[arte contemporánea]] exposta no interior coas formas históricas dos edificios lindeiros. A entrada ao MACBA dá acceso a un vestíbulo de forma cilíndrica desde o que se acceden, por medio dunhas ramplas, ás diferentes galerías nas que se realizan as exposicións. A utilización da cor branca, complementada polo uso de claraboias de cristal e de materiais reflectores, fai que o edificio dispoña dunha especial luminosidade.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.macba.cat Páxina do museo]
* [http://www.muselius.com/spain/barcelona/museo-de-arte-contemporaneo-de-barcelona/ Información práctica sobre o Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (dirección, prezos, horarios, mapa, etc)]
 
{{LugaresdeintereseBarcelona}}
 
[[Categoría:Museos de Barcelona]]
[[Categoría:Arquitectura en Barcelona]]