Diferenzas entre revisións de «Museo»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m (Bot: Retiro 98 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q33506)
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera])
[[Ficheiro:Musee_National_Anthropologie-Entree.jpg|miniatura|250px|dereita|Museo Nacional de Antropoloxía ([[Cidade de México]])]]
Un '''museo''' (do [[lingua latina|latín]] ''musēum'' e este á súa vez do [[Grego antigo|grego]] ''μουσεον'' = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas, etc., sempre cun valor cultural, segundo o ''International Council of Museums (ICOM)''. Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a [[Antigüidade clásica|Antigüidade]]. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de [[arte]] que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en [[Grecia antiga|Grecia]] e en [[Roma Antiga|Roma]]; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.
 
En [[1977]] a ONU declarou o [[18 de maio]] como [[Día Internacional dos Museos]].
A museoloxía é a ciencia que trata dos museos, a súa historia, a súa influencia na sociedade, as técnicas de conservación e catalogación.
 
Na actualidade o museógrafo traballa xunto ás [[ciencias da comunicación]] e a [[informática]]. As informacións escritas deben ser curtas, ao estilo [[xornalismo|xornalístico]], pero con contido científico. A [[televisión]] e a informática foron incorporadas para transmitir os contidos de forma lúdica e efectiva. A manipulación de obxectos pasou a ser practicamente unha condición esencial de moitos museos, así como a inclusión de tecnoloxía que foi durante un tempo exclusiva de parques de diversión (dinosauros para cabalgar, trens para percorrer réplicas de minas, etc.).
 
Isto, sen dúbida, xera polémica, pois non son todos os museólogos que aceptan a inclusión de elementos considerados "de cultura de masas" para levar ao público o resultado de investigacións científicas, pero a cantidade de visitas aos museos que aceptaron a incorporación das novas tecnoloxías demostra que este é o camiño para conciliar o saber (antes considerado) "erudito" coas novas formas de comprender.
393.002

edicións