Monbus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{desactualizado}}
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 14:
'''Monbus''' é unha compañía galega de transporte de viaxeiros en [[Autobús|autobuses]], de tipo regular, discrecional, escolar e laboral.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Monbus Nº 1520.JPG|miniatura|dereita|Monbus na estrada.]]
As orixes da actual empresa Monbus iniciouse a comezos da década de [[1930]],{{cómpre referencia}} cando Raúl López Loureiro comezou a súa actividade cunha simple camioneta dedicada ó transporte de mercancías e viaxeiros. Nas década de [[1940]] e [[1950]] esta actividade ampliouse cara ao ámbito dos autobuses, que se encargaban de percorrer vilas da [[provincia de Lugo]] nos que se celebraba algunha feira o algún mercado, unha labor que só daba traballo uns poucos días ó mes, unha circunstancia que lles levou a introducirse tamén no terreo do transporte discrecional.
Liña 26:
Este feito deu orixe á constitución no ano [[1991]] de VIBASA, unha sociedade composta pola empresa galega Monbus, a catalá MOLIST e a vasca CUADRA.
 
A segunda metade dos anos 90 estivo marcada pola privatización de ENATCAR, que se comezou a xestar en [[1998]], consolidouse no verán de [[1999]] e deu lugar a unha nova situación no mercado español que fixo que Monbus aproveitase as súas sinerxías e comezase un período de adquisición de diversas compañías da comunidade autónoma galega con tal de adaptarse ás novas demandas e necesidades do sector.
 
Por iso, naquela época se produciron as compras de Transportes La Unión, Autobuses de Pontevedra, Gómez de Castro, Miño, etc., o que supuxo un importante aforro de costos económicos e provocou a creación de Grupo Transmonbus, formado nun 66% por Monbus e nun 34% pola entidade financeira Caixa Nova.
 
Durante os últimos anos produciuse a consolidación no mercado nacional deste grupo, que se erixiu como a primeira compañía con maior número de viaxeiros en Galicia, cunha considerable distancia con respecto á segunda corporación do ranking de compañías de transporte de viaxeiros.{{cómpre referencia}}
 
== Compañías adquiridas ==
Monbus afianzou a súa presenza no territorio nacional e comunitaria mediante a adquisición de participación nas empresas{{Cómpre referencia}} [[Monfobus]], [[Autobuses Urbanos de Lugo]], [[Empresa Monforte]], [[Gómez de Castro]], [[Autobuses Pontevedra]], [[Autos Arcade]], [[Transportes La Unión]], [[Viuda de J. Domínguez]], [[Auto Industrial]], [[Castromil (autocares)|Castromil]], [[Aguas de Incio]], [[Arriva]], [[Eurolines Peninsular]], [[Alsina]], [[La Directa]], [[Rialsa]], [[Tralusa]] e [[Autobuses Alcalá]].
 
== Patrocinios ==
No ano [[2009]] asociouse coa empresa galega de tecnoloxía [[Blu:Sens]] no patrocinio do equipo de baloncesto da ACB [[Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto]] (Obradoiro CAB), que a partir deste momento pasa a chamarse Blu:Sens-Monbus. Desde a tempada 2012-13 tamén patrocina ao [[Club Deportivo Lugo]] da [[Liga Adelante]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.monbus.es www.monbus.es]
* [http://galiciasemueve.com/2009/11/19/rincon-de-la-historia-iii-el-%E2%80%9Cedificio-castromil%E2%80%9D/ Curiosidade sobre o antigo edificio Castromil]
 
[[Categoría:Empresas de transporte de España]]