Minaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 66 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q44497
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
A '''minaría''' é un conxunto de [[tecnoloxía|técnicas]] que se empregan para a obtención selectiva dun material da codia terrestre.
 
== Características ==
Un xacemento mineiro é un depósito de minerais sólidos, líquidos ou gasosos (como o [[carbón]], a [[pedra]], o [[petróleo]], o [[gas]], etc.) producido por acumulación de forma natural tanto na superficie coma no interior da terra, que é susceptible de explotación económica. A minaría é a técnica da extracción deses depósitos dos materiais presentes para unha posterior comercialización que proporcione un lucro económico.
 
Unha '''mina''' pode ser [[mina a ceo aberto|a ceo aberto]] ou ben [[mina subterránea|subterránea]] ou en galería. A explotación mineira abrangue todo o relativo ao proceso industrial, dende as primeiras prospeccións até a restitución do relevo do lugar ao peche da mina explotada. Comprende tamén a importante actividade [[economía|económica]] á que está ligada, que converte en históricas a localidades mineiras.