Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
Coñécese como '''mercenario''' (do [[latín]] ''merces, - eris'', «pago»), a aquel [[soldado]] que loita ou participa nun [[conflito bélico]] polo seu beneficio persoal, xeralmente con pouca consideración na ideoloxía, [[nacionalidade]] ou preferencias políticas co bando para o que loita. Polo regular menciónanse coma asasinos a soldo, sicarios, etc.
 
Porén, cando este termo (mercenario) se usa para se referir a un soldado dun exército regular considérase normalmente un insulto á súa honra. O soldado regular despreza sempre o mercenario por ser un asasino sen causa. Aínda que estea no seu propio bando: epíteto ou cualificativo pexorativo.
Liña 5:
O [[soldado regular]] que representa a súa [[nación]], está disposto a loitar por unha causa que é a da súa comunidade ou a do seu país, pola contra, o mercenario faino soamente por [[lucro]].
 
== Os mercenarios e as leis da guerra ==
No protocolo adicional á [[Convención de Xenebra]] do [[12 de agosto]] de [[1949]] (APGC77), relativa á protección das vítimas de conflitos armados internacionais (protocolo I, do [[8 de xuño]] de [[1977]], establécese que:
 
Liña 29:
A situación provocada durante a [[Guerra de Iraq|ocupación de Iraq]] de [[2003]] amosa a dificultade en definir un mercenario. Mentres os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] gobernaron o país, ningún cidadán estadounidense que traballara coma garda armado podía ser considerado mercenario, porque eran nacionais dunha das partes en conflito (APGC77, artigo 47.d). Cando se transferiu o poder ó goberno interino iraquí, podíase argumentar que, a non ser que declarasen estas persoas coma residentes en [[Iraq]], ó non ser residentes nin nacionais dun territorio parte no conflito (APGC77, artigo 47.d), poderían ser consideradas mercenarios. Se non tivese lugar ningún xuízo das persoas acusadas de ser mercenarios, as alegacións tenderían a se evaporar nunha espiral de acusacións, denegacións e contraacusacións. Débese ter en conta que os soldados da coalición en Iraq que apoian o goberno interino iraquí non son mercenarios, xa que todos eles forman parte das forzas armadas dunha das partes en conflito ou foron enviados por un estado que non é parte do conflito en cumprimento do seu deber coma membro das forzas armadas (APGC77, artigo 47.f).
 
== Gurkhas e lexionarios da lexión estranxeira francesa ==
 
[[Ficheiro:The Nusseree Battalion.JPG|miniatura|esquerda|200px|'''Batallón ''Nusseree''''', posteriormente denominado ''1<sup>st</sup> Gurkha Rifles'', en [[1857]]]]
Liña 38:
Os [[Gurkha]] británicos están plenamente integrados coma soldados do [[Exército Británico]]. Operan en unidades formadas por brigadas de Gurkhas baixo as mesmas normas e regulacións que deben cumprir tódolos soldados británicos (normas similares aplícanse ós Gurkhas que serven no exército indio). Os lexionarios estranxeiros franceses intégranse en unidades da Lexión estranxeira francesa, que son despregadas e loitan coma unidades organizadas dentro do exército francés. Isto significa que coma membros das forzas armadas británicas ou francesas, non poden ser considerados mercenarios segundo o APGC77, artigo 47.e e APGC77, artigo 47.f
 
== Mercenarios e leis nacionais ==
 
[[Ficheiro:Pontifical Swiss Guards in their traditional uniform.jpg|dereita|miniatura|200px|Garda Suíza co seu uniforme tradicional]]
Algúns países tratan de impedir que os seus cidadáns loiten en conflitos a non ser que se atopen baixo o control das súas propias forzas armadas:
 
:* En [[2003]], [[Francia]] criminalizou as actividades mercenarias tal como son definidas pola [[Convención de Xénova]] para os cidadáns franceses, residentes permanentes e entidades legais (código penal, L436-1, L436-2, L436-3, L436-4, L436-5).
:* En [[1998]], [[Sudáfrica]] aprobou a ''Acta sobre asistencia militar estranxeira'', que prohibía ós seus cidadáns ou residentes enlearse en conflitos estranxeiros agás as operacións humanitarias, a non ser que un comité gobernamental aprobe o seu despregamento. En [[2005]], a lexislación foi revisada polo goberno por mor dos cidadáns surafricanos que traballaban coma gardas de seguridade en [[Iraq]] durante a ocupación, e por mor do xuízo contra [[Mark Thatcher]] polo posíbel financiamento e apoio loxístico en relación cunha presunta tentativa de [[golpe de estado]] en [[Guinea Ecuatorial]], organizado por [[Simon Mann]].
:* Segundo a lei [[Estados Unidos de América|estadounidense]] ''Neutrality Act'', un cidadán dos Estados Unidos que participe nun conflito armado no que os Estados Unidos sexa neutral pode incorrer en responsabilidades penais.
:* [[Suíza]] prohibiu ós seus nacionais o servizo coma mercenarios en [[1927]], agás á [[Garda Suíza do Vaticano|Garda Suíza]] do [[Vaticano]].
 
== Operacións con mercenarios ==
 
Sábese do uso de mercenarios nos conflitos da antiga [[Iugoslavia]]. Moitos destes mercenarios eran ex-soldados procedentes dos países do antigo bloque do leste, desempregados trala caída da [[Unión Soviética]].
Liña 72:
== Mercenarios en África ==
 
=== Século XX ===
 
Durante o [[século XX]], os mercenarios foron usados con frecuencia nos conflitos do continente [[África|africano]]. Aconteceron varios incidentes desagradábeis durante as múltiplas guerras africanas, algúns dos cales enleaban a cidadáns europeos e americanos, homes polo xeral procuradores de fortuna, que foron enviados a situacións de combate das que non puideron sobrevivir para recibi-la súa paga.
Liña 80:
Entre estes mercenarios particularmente notorios atópanse:
 
:* [[Mike Hoare]], que estivo na crise do [[República do Congo|Congo]] a principios dos anos [[1960]] e no errado [[golpe de estado]] nas [[Seychelles]] de [[1978]].
:* [[Bob Denard]] participou en numerosas campañas en África en bastantes países, xeralmente ofrecendo os seus servizos a [[Francia]]. Porén a súa especialidade era a intervención nas [[Illas Comores|Comores]]. A súa derradeira intervención aconteceu en [[1995]], cando participou no golpe de estado errado e o goberno francés interveu para que fora expulsado.
:* [[Simon Mann]] estivo envolto coa empresa [[Executive Outcomes Ventures]] en [[Angola]] e [[Serra Leoa]]. En [[2004]] foi declarado culpable de tentativa de compra de armas, presuntamente para dar un golpe de estado en [[Guinea Ecuatorial]].
 
Os mercenarios loitaron para o Biafra na cuarta brigada de comandos durante a guerra civil [[Nixeria|nixeriana]] ([[1967]]-[[1970]]). Outros mercenarios tiveron como cometido pilotar avións para esta facción. En outubro de [[1966]] por exemplo, un [[DC-4|DC-4M]] «Argonaut» da [[Royal Air Burundi]] pilotado por un mercenario chamado Heinrich Wartski (tamén coñecido coma Henry Wharton), estrelouse en [[Camerún]] con fornecementos militares destinados a [[Biafra]].
Liña 106:
Dada a actual crise en Zimbabwue, un Boeing 727 é unha moi útil adición á liña aérea estatal, e os 180.000 dólares poderían ser máis que dabondo para cubri-los gastos de manter a esta cantidade de homes en prisión.
 
=== Antigo Exipto ===
 
Os primeiros datos sobre o uso de mercenarios remóntanse ata o [[Antigo Exipto]], ó redor do ano [[-1500]], cando o faraón [[Ramsés II]] fixo uso de 10.000 deles no transcurso das súas batallas.
 
== Mercenarios na historia europea ==
 
=== Mercenarios na época clásica ===
 
Durante a época clásica moitos mercenarios gregos loitaron nas guerras para o [[Imperio Persa]], por exemplo:
 
:* [[Xerxes I]], rei da [[Persia]] que invadiu [[Antiga Grecia|Grecia]] en [[-484]] empregou mercenarios gregos. O máis lembrado é [[Demarato]], pola súa advertencia a Xerxes de non subestima-los [[Esparta|espartanos]] antes da [[batalla das Termópilas]].
:* En [[Anábase]], [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]] relata como [[Ciro o Novo]] recrutou un grande exército de mercenarios gregos (os «Dez mil») en [[-401]] para arrebata-lo trono de [[Persia]] ó seu irmán, [[Artaxerxes II]]. Malia que este exército obtivo a vitoria na [[batalla de Cunaxa]], Ciro morreu na batalla e toda a expedición atopouse perdida. Illados moi dentro do territorio inimigo, o xeneral espartano [[Clearco]] e moitos dos outros xenerais gregos foron asasinados pouco máis tarde a traizón por orde de [[Artaxerxes II]]. Xenofonte exerceu un papel fundamental ó afouta-lo exército grego dos «Dez mil» para que marcharan cara ó norte cara ó [[Mar Negro]], nunha loita épica durante a súa retirada.
:* [[Memnón de Rodas]] ([[-380]] - [[-333]]) foi o comandante dos mercenarios gregos que loitaban para o rei Persa [[Darío III]] cando [[Alexandre o Grande]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] invadiu a Persia en [[-334]] e venceu os persas na [[Batalla do Gránico]]. Alexandre empregaba tamén mercenarios gregos durante as súas campañas. Eran estes uns homes que loitaban directamente para el, e non coma o resto das unidades do seu exército que proviñan das cidades-estados gregas.
:* [[Cartago]] contratou pastores das [[Illas Baleares]] coma lanzadores de [[fonda]] durante as [[Guerras Púnicas]] contra [[Roma Antiga|Roma]]. A ampla maioría dos militares cartaxineses eran mercenarios, agás os altos oficiais, a mariña e a garda de palacio.
:* Os membros das tribos independentes [[Tribos tracias|traciatracias]]s coma os «[[Bessi]]» e «[[Dii]]» uníronse con frecuencia a exércitos maiores coma mercenarios.
:* Os [[fillos de Marte]] foron mercenarios italianos empregados polos reis gregos de [[Siracusa]] ata o remate das [[Guerras Púnicas]].
 
Nos últimos tempos do [[Imperio Romano]], os emperadores e os xenerais tiveron cada vez máis dificultades para recrutar unidades militares a partir da cidadanía por diversas razóns: falla de man de obra, falla do tempo necesario para o adestramento, carencias materiais e, inevitablemente, consideracións políticas. Polo tanto, comezando a finais do [[século IV]], o Imperio comezou a contratar bandas completas de bárbaros xa fose dentro das [[lexión romana|lexións]] ou coma federacións autónomas. Os bárbaros foron romanizados, e os veteranos superviventes establecéronse en áreas que requirían de repoboacións. A [[Garda Varanxiana]] do Imperio Romano do leste, tamén coñecido coma [[Imperio Bizantino]], é a unidade máis coñecida formada por mercenarios bárbaros.
 
=== Mercenarios nas guerras medievais ===
 
Os [[Imperio Bizantino|emperadores bizantinos]] continuaron a antiga práctica romana de contrataren estranxeiros para a defensa do Imperio. En [[1071]], por exemplo, o emperador Romano IV liderou unha campaña contra os turcos [[selxúcidas]] de Iconio. Segundo o musulmán Imad ad-Din (século XII) e outros cronistas contemporáneos a Romano IV, o exército, duns 100.000 homes, estaba composto por romanos (bizantinos), rusos, [[kházaro]]s, [[alanos]], [[cumanos]], xeorxianos, armenios, xermanos, [[normandos]], godos de Crimea, [[pechenegos]] e búlgaros. A meirande parte das tropas propiamente bizantinas proviñan dos themas (lexións) da metade oriental do Imperio, con reforzos da [[Garda Varenga]] e dos [[Tagmata]] (os rexementos de elite acuartelados en [[Constantinopla]]).
Liña 139:
Durante a [[Baixa Idade Media]] formáronse compañías libres, que eran realmente compañías de tropas mercenarias. As nacións-estados non posuían os recursos necesarios para manter forzas permanentes, polo que tendían a aluga-los servizos destas compañías para servir nos seus exércitos nos tempos de guerra. Este tipo de compañías tiñan a súa orixe ó final dos períodos de conflitos, cando os homes de armas xa non eran requiridos polos seus respectivos gobernos. Os soldados veteranos buscaban daquela outros xeitos de emprego, xeralmente converténdose en mercenarios. As compañías libres especializaríanse normalmente en formas de combate que requirían longos períodos de adestramento que non serían factíbeis por parte das milicias mobilizadas. A [[Compañía Branca]], comandada por Sir John Hawkwood é a máis coñecida deste tipo de compañías no [[século XIV]]. Welshman Owain Lawgoch («Owain da Man Vermella»), formou unha compañía libre e loitou para os [[Francia|franceses]] contra os [[Inglaterra|ingleses]] durante a [[Guerra dos Cen Anos]], antes de ser asasinado por un escocés de nome Jon Lamb, ás ordes da coroa inglesa en [[1378]], durante o sitio de [[Mortagne]].
 
=== Mercenarios na época moderna ===
 
Os mercenarios [[Suíza|suízos]] eran buscados durante a segunda metade do [[século XV]] por ser unha forza de combate especialmente efectiva, ata que as súas algo ríxidas formacións de batalla fixéronse vulnerábeis ós [[Arcabuz|arcabuces]] e á [[artillaría]] que se desenvolveu neste período.
Liña 149:
Aproximadamente no mesmo período, [[Nicolás Maquiavelo]] argumentaba contra o uso de exércitos de mercenarios na súa obra mestra, «[[O Príncipe]]». O seu razoamento era que a única motivación dos mercenarios era a súa paga, polo que este tipo de soldados non estaría disposto a corre-lo tipo de riscos que poderían da-la volta a unha batalla pero que lle poderían custa-la vida. El cría, loxicamente, que os cidadáns cun apego real á súa nación estarían máis motivados para defendela, o que os convertería en moito mellores soldados.
 
== Os mercenarios na cultura popular ==
 
O igual cá [[pirataría]], o espírito mercenario resoa con aventuras idealizadas, misterio e perigo. Exemplos disto son:
 
:* A novela [[Cans da Guerra]] de [[Frederick Forsyth]], e a película homónima de [[1981]], baseada nunha trama sobre operacións mercenarias na África dos anos [[1960]].
:* A novela [[Os Gansos Salvaxes]] de [[Daniel Carney]], e a película do mesmo nome de [[1978]]. O argumento xira sobre un sindicato financeiro británico que busca rescatar ó líder deposto dun país centroafricano, contratando unha banda de mercenarios para este traballo.
 
É interesante constatar que ámbolos dous títulos derivan doutras fontes. «Berra ¡Devastación!, e solta os cans da guerra», é unha cita de [[Xulio César (Shakespeare)|Xulio César]], acto III, obra de [[Shakespeare]]. Trala sinatura do [[Tratado de Limerick]] ([[1691]]), os soldados do exército irlandés que deixaron [[Irlanda]] por [[Francia]] tomaron parte no que é coñecido coma o «Voo dos Gansos Salvaxes», tralo cal moitos deles fixeron carreira servindo coma mercenarios para os exércitos do continente. O máis famoso deles foi Patrick Sarsfield, quen sendo mortalmente ferido en terra estranxeira dixo: «Se isto fose por Irlanda...»
Liña 160:
Existe na actualidade unha revista especializada ostensiblemente escrita para mercenarios, chamada «Soldado de Fortuna». Tamén no filme [[Casabranca (película)|Casabranca]], Rick Blaine é un antigo mercenario, aínda que se deixa intuír que elixe o bando no que loita por motivos ideolóxicos, en lugar de elixi-lo mellor postor.
 
== Ligazóns externas ==
 
*[http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=846 Mercenarios hispanos durante a Segunda Guerra Púnica] (castelán)
*[http://www.westfr.de/conrad/ Mercenarios e aventureiros brancos en África central] (castelán)
 
 
* [http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=846 Mercenarios hispanos durante a Segunda Guerra Púnica] (castelán)
* [http://www.westfr.de/conrad/ Mercenarios e aventureiros brancos en África central] (castelán)
 
[[Categoría:Forzas armadas]]