Diferenzas entre revisións de «Master System»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Sem resumo de edição
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
{{Contén texto xaponés}}
[[FileFicheiro:Master System Logo.svg|right|250px]]
[[Ficheiro:sega_master_system.jpeg|miniatura|dereita|250px|Sega Master System]]
[[Ficheiro:Master System II.jpg|miniatura|dereita|250px|Sega Master System II]]
A '''Sega Master System''' (abreviado '''SMS''') ([[lingua xaponesa|Xaponés]]: マスターシステム), é unha [[videoconsola]] de 8-bit creada por [[Sega (videoxogos)|Sega]].
 
== Historia ==
O [[Mark III]] foi lanzado en [[Xapón]] o [[20 de outubro]] de [[1985]]. Foi redeseñado e posto á venda nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] baixo o nome '''Sega Master System''' en [[xuño]] de [[1986]], un ano despois do lanzamento por parte de [[Nintendo]] da [[NES]]. O prezo inicial era duns 200 [[ Dólar estadounidense |dólardólares]]es. A Master System foi lanzada despois noutros países, incluíndo un segundo lanzamento en Xapón co seu novo nome en [[1987]], incluíndo integrado na máquina unha unidade FM para mellorar o son dos xogos (e que era un periférico para o Mark III).
 
A pesar de que a Master System era tecnicamente máis avanzada nalgúns aspectos que a NES, non conseguiu o mesmo nivel de popularidade entre os consumidores [[Estados Unidos de América|estadounidenses]]. Isto foi atribuído a varias causas, entre elas a diferenza de títulos dispoñibles para cada plataforma, e o lixeiramente posterior lanzamento da Master System. O contrato de licenza que [[Nintendo]] tiña coas compañías programadoras de xogos tamén tivo un gran impacto; este trato incluía que unha compañía que producira xogos para a NES tiña que facelo de forma exclusiva para esta máquina. A Master System vendeu 125.000 unidades nos seus primeiros catro meses neste país. No mesmo período, a NES vendeu 2.000.000.
Nintendo tiña daquela o 90 % do mercado norteamericano. [[Hayao Nakayama]], entón CEO de Sega, decidiu non usar demasiado esforzo en dar promoción á consola nun mercado totalmente dominado pola NES. En [[1988]], os dereitos da Master System en Norte América foron vendidos a [[Tonka]], pero a súa popularidade seguiu en declive. Este movemento foi considerado moi negativo, xa que Tonka nunca fixera promoción dun sistema de videoxogos antes, e non sabía realmente que facer con el.
 
En [[1990]], Sega estaba tendo éxito ca súa [[Mega Drive]] (chamada Genesis nos Estados Unidos), e volveu facerse cós dereitos que tiña Tonka sobre a SMS. Deseñaron a Sega Master System II, redeseñando a consola, pero que tiña algunhas limitacións para manter os custos de produción máis baixos (eliminación do botón de reset, o slot para tarxetas da máquina orixinal, etc). Sega fixo todo o posible para relanzar o sistema, pero non conseguiu o resultado que agardaba.
 
Para [[1992]], as vendas da Master System en Norte América eran xa totalmente nulas, e a súa produción foi detida. As vendas foron pobres en Xapón tamén, polo dominio do principal competidor, [[Nintendo]], e a súa [[NES]] ([[Famicom]] en Xapón).
En xeral, a SMS tivo un éxito importante a nivel mundial, pero non conseguiu capturar ó público [[Xapón|xaponés]] e ó [[Estados Unidos de América|estadounidense]]. Sega aprendeu dos seus erros conseguindo facer da [[Mega Drive]] un gran éxito en [[Europa]] e [[Brasil]], e o equivalente norteamericano, a [[Mega Drive|Genesis]], popular. O fracaso da Master System influíu no posterior éxito da Mega Drive.
 
== Especificacións técnicas ==
* '''[[CPU]]''': [[Zilog]] [[Zilog Z80|Z80]] de 8-bit
** 3,546,893Hz para [[PAL]]/[[SECAM]], 3,579,545Hz para [[NTSC]]
* '''Ranura de expansión'''
 
== Xogos notables ==
* ''[[Alex Kidd in Miracle World]]'' - Integrado nalgunhas consolas
* ''[[Astro Warrior]]'' - xunto con Hang-On, integrado nalgunhas consolas
* ''[[World Cup Italia '90]]'' - Primeira franquía do mundial de fútbol
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Sega (videoxogos)|Sega]]
* [[Game Gear]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.smspower.org/ SMS Power! — Unha páxinas web dedicada á Sega Master System e ás demais máquinas de 8 bit de Sega]
* [http://luis.hp.sites.uol.com.br/sms/ SMS FAQ Completion Project]
393.002

edicións