Marcelo Caetano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
'''Marcelo das Neves Alves Caetano''' ([[Lisboa]], [[Portugal]], [[1906]] — [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]], [[Brasil]], [[1980]]), político, profesor e historiador portugués; último primeiro ministro da etapa do Estado Novo.
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en Dereito, na Universidade de [[Lisboa]], e douturouse en [[1931]]. Comezou a súa carreira política en [[1940]], ocupando algúns cargos importantes no Estado Novo. Foi Comisario Nacional da Mocidade Portuguesa, ministro das Colonias e presidente da Cámara Corporativa.
 
Liña 9:
En [[1937]], publica a primeira edición do seu Manual de Dereito Administrativo que, na súa vida, coñecería dez edicións (a última en [[1973]]), todas diferentes e melloradas. Exerceu cargos políticos destacados no Estado Novo (ministro das Colonias, presidente da Cámara Corporativa e ministro da Presidencia ata [[1958]], cando unha importante crise política provoca a súa destitución por parte de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]]).
 
Tras xurar non volver á vida política e tido pedido a súa exclusión do Consello de Estado, do que era titular vitalicio, non explica nas súas memorias por que razón, en [[1968]], á altura da destitución de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]], volveu a ese mesmo Consello e acabou por ser nomeado presidente do Consello de Ministros. Con todo, os seus méritos de intelectual e profesor de Dereito non son escurecidos polo seu desempeño das actividades políticas e gobernamentais. Foi o creador do moderno Dereito Administrativo Portugués, cuxa disciplina sistematizó e ordenou; influenciou a varias xeracións de xuristas e tamén de gobernantes. Foi profesor de Dereito Constitucional e tamén aquí deixou a mesma influencia aos vindeiros (estudáronse, por primeira vez desde un punto de vista xurídico e sistemático, os problemas dos fins e funcións do Estado, da lexitimidade dos gobernantes, dos sistemas de goberno, etc.).
 
Foi tamén un historiador do Dereito de méritos pouco igualados, especialmente da [[Idade Media]] portuguesa; os seus estudos sobre as Cortes de [[1254]] e [[1385]] continúan sendo referencia. Ademais, o seu pasatempo de historiador revélase en cada manual das disciplinas dogmáticas en que son constantes as referencias históricas e eruditas sobre cada asunto. Morreu pouco tempo antes de ser publicado o primeiro e único volume da súa Historia do Dereito Portugués (que abarca desde antes da fundación da nacionalidade ata o final do reinado de [[Xoán II de Portugal|D. João II]], en [[1495]])). Morreu, sen desexos de regresar xamais a [[Portugal]] no exilio en Brasil, logo da [[Revolución dos Caraveis]] que lle retirou todo dereito a pensións de xubilación.