Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 42:
Os seus primeiros escritos xa saíron da súa pluma a finais do século XIX, sendo nestes comezos case en exclusiva poemas, que apareceron publicados por separado nos máis variados medios.
 
O seu primeiro artigo coñecido publicouse en ''[[Luz y Sombra (Vigo)|Luz y Sombra]]'' de Vigo no ano [[1898]]. A partir de aquí é destacable o seu labor xornalístico, especialmente no semanario ''[[El Estradense]]'', unha publicación agrícola-social que se comezou a publicar no [[1906]] e no que participou con artigos, relatos curtos, etc. e do que foi o seu director. O periódico deixou de se publicar en [[1909]]. Tamén publicou colaboracións poéticas e literarias en ''[[Eco de La Estrada]]''.
 
No ano [[1920]] creouse o xornal ''[[El Emigrado]]'', publicación financiada polos ''Hijos del Ayuntamiento de La Estrada'', de [[Cuba]]. Neste xornal comezou a publicar periodicamente os seus “Contiños da Terra” e comezou a ser recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista. No ano [[1924]], o seu conto ''O fútbol en Malpocados'' foi premiado nos Xogos Florais de Santiago. Dous anos máis tarde púxose en escena a súa pequena peza teatral ''Carta da Habana'' (publicada na ''[[Céltiga (revista)|Revista Céltiga]]'', Ed. Fervenza, 2002). No [[1929]], o seu longo traballo ''Falemos na nosa fala'' gañou o Certame Literario de Exaltación da Muller Galega (Pontevedra). Posteriormente recolleu os contos e relatos breves que fora sacando en ''El Emigrado'', e publicounos so o título ''Contiños da Terra'' (Nós, 1930; Hnos. Caporaletti, 1952; [[Edicións Xerais de Galicia]], 1999; Biblioteca Galega 120, [[La Voz de Galicia]], 2002). Xa en vida non viu publicadas máis obras, a pesar de pasar toda a vida escribindo.
Liña 54:
<gallery></gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 69:
 
{{ORDENAR:Garcia Barros, Manuel}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]