Mallo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 5:
O instrumento recibe na Galiza, consonte as comarcas, nomes diferentes: ''mallo'', ''mal'', ''manle'' ou ''malle''.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Mosteiro 1 Feira Labrega malla 06.jpg|miniatura|250px|Detalle do xogo entre o pértego e o mango dun mallo]]
O mallo está composto de dous paus, atados por unha [[correa]] ou unha [[cadea (obxecto)|cadea]]. O pau máis longo e menos groso é sostido nas mans do mallador, e ten diversas denominacións, segundo o lugar: ''mangueira'', ''mangueiro'', ''manle'', ''manleira'', ''moca'', ''monca'' ou ''almanca''. O seu movemento impulsa, a través das correas ou cadeas, un segundo pau, máis groso, que será o que bata no cereal directamente; este recibe tamén diversos nomes: ''pértego'', ''porro'' ou ''mallo'' propiamente dito.
 
A correa ou cadea que une ambos paus recibe a súa vez tamén denominacións variadas: ''correa'', ''puga'', ''carrachola'', ''narigota'', ''asa'', ''cedoiro'', ''encedoiro'', ''oncedoiro'', ''loro'', ''meá'', ''temoeiro'', etc. Algúns destes nomes son en realidade unha extensión [[Sinestesia|sinestésica]] das cubertas de [[coiro]] (''casula'', ''capeliza'', ''camisas'') que poden ter os extremos dos dous paus para protexelos do desgaste por [[rozamento]] co seu uso.
 
Os tamaños de cada peza do mallo varían co cereal no que se empreguen e a experiencia propia do mallador. Datos obtidos de mallos, para trigo, de granxeiros de [[Quebec]] ([[Canadá]]) mostran mocas de 1,5 m de longo e 3 cm de diámetro, con porro de 1 m de longo e 3 cm tamén de grosor.
Liña 15:
[[Ficheiro:Battage à Fléau.jpg|miniatura|Campesiños franceses mallando con manles, ca 1270]]
 
== Retroceso do mallo ==
Os mallos caeron en desuso en moitos países a causa da aparición e o acceso do campesiñado ás maquinas de mallar, que liberaban a man de obra campesiña. Máquinas que nas súas fases máis avanzadas son capaces de presentar o gran totalmente limpo de rabeiras e muíña. Porén en moitas rexións mantéñense, pois non existen máquinas que realicen a malla. Así en zonas de Minnesota, nos mesmos [[Estados Unidos de América]], o [[arroz]] bravo só pode ser mallado con mallos curtos duns 30 cm <ref>''Minnesota Wild Rice Harvest regulations'', from Minnesota Department of Natural Resources</ref>.
 
== Usos non agrícolas ==
Como outros apeiros agrícolas, os mallos foron usados como arma polos campesiños que non dispuñan de armas mellores. Unha coñecida evolución do mallo, é o [[nunchaku]] xaponés, arma desenvolvida no [[kobudo]].
 
[[Ficheiro:Crook and flail.svg|miniatura|esquerda|100px|O mallo e o caxato, símbolos faraónicos]]
 
O mallo, xunto co [[caxato]] (con cabo curvado coma un bastón) figura como emblema do faraón do [[Exipto]]. O mallo simboliza o papel do faraón como dispensador de alimentos para o seu pobo, e o caxato o papel como pastor dos seus súbditos. Os dous son símbolos que o vinculan con [[Osiris (deus)|Osiris]], ó que lle pertencen, como señor de ultratumba. Como símbolo de poder, o faraón solía ostentar o mallo.
En Exipto o mallo era utilizado para bater nos cativos e nos escravos.
 
== Véxase tamén ==
* [[Malla]].
* [[Malladoira]].
 
== Notas ==
<references/>