Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
{{Outroshomónimos|Lirio (homónimos)}}
{{Taxobox
 
* ''Eremiris'' (Spach) Rodion. (2006).<ref name = Kew>{{cita web |url=http://apps.kew.org/wcsp/synonomy.do?accepted_id=321523&repSynonym_id=-9998&name_id=321523&status=true |título= ''{{PAGENAME}}''|dataacceso=23 de marzo de 2010 |formato= |obra= [[Royal Botanic Gardens, Kew]]: World Checklist of Selected Plant Families}}</ref>
}}
Os '''lirios''' son un grupo de plantas pertences ao [[xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Iris'''''. Son [[plantas bulbosas]] da familia ''[[Iridaceae]]'' con vistosas flores, cuxo nome deriva do [[latín]] ''arco iris'' ([[arco da vella]]), referíndose á extensa variedade de cores florais que posúen as súas moitas especies e cultivares de xardín.
As especies están amplamente distribuídas por todas as rexións temperadas do hemisferio norte. Os seus hábitats son moi diversos, abarcando dende as rexións frías en abas herbosas, devesas, ribeiras até desertos de Europa, Medio Oriente e África do Norte e por toda América do Norte.
 
 
== Variedades e cultivo ==
A variedade de xardín máis común é o ''[[Iris germanica]]''. As diferentes formas bravas e híbridos naturais de ''Iris pallida'' e ''Iris variegata'' forman o piar da meirande parte dos híbridos barbados modernos. Os lirios medianos (intermedios, miniatura altos, etc.) derivan de cruzamentos entre as variedades altas e ananas. Outros tipos de lirios comúns de xardín son ''I. siberica'' e os seus híbridos (lirios siberianos) e ''I ensata'' e os seus híbridos (lirios xaponeses).
 
A variedade de lirio barbado é tamén a máis doada de cultivar e de propagar, crecendo en calquera zona de xardín con bo solo. Soamente as variedades máis pequenas e delicadas necesitarán a axuda de fertilizantes, e solos máis ricos, por exemplo de [[turba]]s ou [[arxila]]s, para os manter con boa aparencia. Os que florean máis cedo son as variedades ananas de ''Iris pumilla'', que o fan durante marzo, abril e maio. Durante este último mes e todo xuño florean a maioría dos "barbados altos", tales como ''I. germanica'', ''I. florentina'', ''I. pallida'', ''I. variegata'', ''I. amoena'', ''I.flavescens'', ''I. sambucina'', ''I. neglecta'', ''I. ruthenica'' e os seus híbridos. ''I. unguicularis'' é unha destacábel especie de inverno, procedente de Alxeria con flores azul ceo manchadas de amarelo que se dan (no hemisferio norte) a intervalos regulares desde novembro até marzo.
 
Moitas especies pequenas bulbosas poden podrecer con exceso de auga, polo que o solo debe ter unha boa drenaxe, ademais de que deberían estar plantados en zonas sollosas. As especeis de inverno (''I. milifolia'', ''I. junonia'', ''I. danfordiae'', ''I. reichenbachii'' e algunhas outras que florean en febreiro e marzo) cómpre abeiralas cunha camada duns 15 cm de follas secas, casca de piñeiro ou fibra de coco.
 
== Especies ==
=== Especies en Galiza ===
* [[Lirio amarelo]], lirio das charcas, espadaina ou abolla (''[[Iris pseudacorus]]''), aparece en lamazais de toda Galiza;
* [[Lirio azul]] (''[[Iris latifolia]]''), aparece na provincia de Lugo;
* [[Lirio de monte]] ou lirio do Xurés (''[[Iris boissieri]]''); endemismo de Galiza, con poboacións no complexo [[Serra do Xurés|Xurés-Gerês]] (Ourense e Norte de Portugal), no [[Courel]] (Lugo) e no [[Monte Pindo]] (A Coruña); en perigo crítico.
* [[Lirio fétido]] ou herba do lobo ''[[Iris foetidissima]]'', moi escaso, na provincia de Lugo e Asturias.
 
=== Listaxe xeral de especies ===
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Outros artigos ===
* [[Lirio amarelo]]
* [[Lirio do Xurés]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.botanik.de/mendel/Iris Tipos de lirios]
381.287

edicións