Diferenzas entre revisións de «Lisina»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
| MeltingPt =
| BoilingPt =
| Solubility = 1,5kg/L @ 25  °C
}}
| Section3 = {{Chembox Hazards
grupo amino protonable que a miúdo participa na formación de [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] e como base xeral nas [[catalizador|catálises]].
 
Este grupo amino, ademais de darlle [[carga eléctrica|carga positiva]] ás [[proteína]]s, é [[acetilable]] por [[encima]]s específicos, coñecidos como [[acetiltransferase]]s. Considérase que esta [[acetilación]] é unha [[modificación postraducional]], xa que se produce despois da [[tradución (proteínas)|tradución]] da proteína a partir do [[ARN mensaxeiro]]. Porén, as súas [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]] máis comúns inclúen a metilación do grupo ε-amino, que dá como resultado a metil-, dimetil- e a [[trimetillisina]]. Isto último ocorre na proteína [[calmodulina]].
 
O [[coláxeno]] contén [[hidroxilisina]], que se deriva da lisina a través da [[lisil hidroxilase]]. A ''O''-[[glicosilación]] dos residuos de lisina no [[retículo endoplasmático]] ou no [[aparato de Golgi]] utilízase para marcar certas proteínas para a [[secreción]] fóra da [[célula]].
 
== Biosíntese ==
Como aminoácido esencial, a lisina non se sintetiza no organismo dos animais e, por conseguinte, estes deben inxerilo como lisina ou como proteínas que conteñan lisina. Existen dúas rutas coñecidas para a [[biosíntese]] deste aminoácido. A primeira lévase a cabo en [[bacteria]]s e [[plantas]] superiores, a través do [[ácido diaminopimélico]], e a segunda na maior parte dos [[Fungo (bioloxía)|fungofungos]]s superiores, por medio do [[ácido α-aminoadípico]]. Nas plantas e nos microorganismos a lisina sintetízase a partir de [[ácido aspártico]], que se converte en primeiro lugar en [[β-aspartil-semialdehido]]. A [[ciclación]] xera [[dihidropicolinato]], que se reduce a Δ<sup>1</sup>-piperidina-2,6-dicarboxilato. A apertura do anel deste [[heterociclo]] xera unha serie de derivados do [[ácido pimélico]], que finalmente xeran lisina.
 
Algúns dos encimas que participan nesta biosíntese son os seguintes:<ref>Nelson, D. L.; Cox, M. M. ''Lehninger, Principles of Biochemistry'', 3a. ed. Worth Publishing: New York, 2000. ISBN 1-57259-153-6.</ref>
A lisina sintética, [[racémica]], coñécese desde hai moito tempo.<ref>Braun, J. V. “Synthese des inaktiven Lysins aus Piperidin" Berichte der deutschen chemischen Gesellschaft 1909, Volume 42, p 839-846. DOI: 10.1002/cber.190904201134.</ref> Unha síntese práctica iníciase a partir de [[caprolactama]].<ref>Eck, J. C.; Marvel, C. S. “dl-Lysine Hydrochlorides” Organic Syntheses, Collected Volume 2, p.374 (1943). http://www.orgsyn.org/orgsyn/pdfs/CV2P0374.pdf</ref>
 
== Degradación ==
Na súa degradación oxidativa a lisina orixina [[acetoacetil-CoA]], polo que é un [[aminoácido cetoxénico]].
 
== Fontes dietéticas ==
Os [[requirimentos nutricionais]] de lisina son de 1,5 g diarios. Encóntrase en cantidades mínimas en todos os [[cereal|cereais]] ([[gramíneas]]), pero é moi abundante nos [[legumes]]. Son boas fontes de lisina os alimentos ricos en proteínas: carnes (específicamente as carnes vermellas, a de porco e a de ave), [[queixo]] (en particular o parmesano), algúns peixes ([[bacallau]] e [[sardiña]]s) e [[Ovo (alimento)|ovoovos]]s.
 
== Propiedades ==
A L-lisina é un compoñente necesario para a síntese de todas as [[proteína]]s do organismo. Desempeña un papel central na absorción do [[calcio]]; na construción das proteínas [[músculo|musculares]]; na recuperación das [[cirurxía|intervencións cirúrxicas]] ou das mancaduras deportivas, e na produción de [[hormona]]s, [[encima]]s e [[anticorpo]]s.
 
== Modificación ==
A lisina pode modificarse de diferentes maneiras: [[acetilación]], [[metilación]], [[ubiquitina|ubiquitinación]]ción, [[sumoilación]] (unión de [[proteína SUMO|proteínas SUMO]]), [[biotinilación]], carboxilación, etc., o cal tende a modificar a función da proteína da cal a lisina modificada forma parte.<ref name="pmid17681659">{{cite journal |author=Sadoul K, Boyault C, Pabion M, Khochbin S |title=Regulation of protein turnover by acetyltransferases and deacetylases |journal=Biochimie |volume=90 |issue=2 |pages=306–12 |year=2008 |month=February |pmid=17681659 |doi=10.1016/j.biochi.2007.06.009 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0300-9084(07)00168-X}}</ref>
 
== Importancia clínica ==
 
A lisina ten unha acción [[ansiolítica]] debido aos seus efectos sobre os receptores da [[serotonina]]. Un estudo en ratas <ref name=Smriga1>{{cite journal
| author=Smriga and Torii | title=L-lysine acts like a partial serotonin receptor 4 antagonist and inhibits serotonin-mediated intestinal pathologies and anxiety in rats | journal=PNAS | year=2003 | doi=10.1073/pnas.2436556100 | url=http://www.pnas.org/content/100/26/15370.short | pmid=14676321 | volume=100 | issue=26 | pages=15370–5 | pmc=307574}}</ref> demostrou que a sobreestimulación dos receptores [[5-HT4]] no tracto intestinal está asociada con patoloxías intestinais (diarreas) inducidas pola ansiedade. A lisina actúa como un antagonista da serotonina e reduce a sobreestimulación deses receptores, reducindo tamén os signos de ansiedade e os trastornos intestinais que esta induce. Outro estudo indica que a deficiencia de lisina leva a un incremento patolóxico da serotonina na [[amígdala]], estrutura cerebral implicada na regulación emocional e a resposta ao estrés.<ref name=Smriga2>{{cite journal
| author=Smriga, Kameishi, Uneyama, and Torii | title=Dietary L-Lysine Deficiency Increases Stress-Induced Anxiety and Fecal Excretion in Rats | journal=The Journal of Nutrition | year=2002 | month=December | volume=132:3744-3746 | url=http://jn.nutrition.org/cgi/content/abstract/132/12/3744}}</ref>
Estudos en humanos tamén mostraron unha correlación negativa entre a redución dos niveis de inxestión de lisina e a ansiedade.<ref name=Smriga3>{{cite journal
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Acetillisina]]
* [[Desaminación]]
* [[Sacaropina]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.chem.qmul.ac.uk/iubmb/enzyme/reaction/AminoAcid/Lys1.html Sobre as primeiras fases da biosíntese da lisina] (en inglés)
* [http://www.chem.qmul.ac.uk/iubmb/enzyme/reaction/AminoAcid/Lys2.html Sobre as últimas fases da biosíntese da lisina] (en inglés)
393.002

edicións