Diferenzas entre revisións de «Lista Swadesh»

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera])
A lista Swadesh é un instrumento fundamental en [[lingüística comparativa|lingüística histórica comparativa]], [[glotocronoloxía]] e [[lexicoestatística]]. Está dirixida a poder establecer unha comparación medible entre o [[léxico]] ou [[vocabulario]] de dúas linguas entre as que se supón parentesco, de maneira que poida acharse o seu grao de diverxencia ao longo do tempo.
 
O principal problema que pretende resolver a lista Swadesh nestes labores de comparación é o de homoxeneizar a base de vocabulario sobre o que realizar [[inferencia]]s fiables. Ocorre que a maior parte do vocabulario dunha lingua cambia non por evolución histórica (que é o que permite establecer o parentesco e a diverxencia entre linguas irmás) senón por motivos que escapan ao control da pura lingüística. Principalmente os cambios non controlados débense a razóns culturais, motivos de difusión tecnolóxica (a palabra ''televisión'' atópase en case tódalas linguas actuais), políticos, económicos, etc. En suma, existen demasiados factores culturais de consecuencias non predicibles que afectan ao vocabulario dunha lingua. Por esa razón, é altamente infiable facer comparacións sobre palabras como ''pataca'', que actualmente se atopa en todas as [[linguas romances]], dado que podería levarnos á conclusion errónea de que é unha voz proveniente do [[latín]] ''**potatus'', algo imposible sendo que a pataca foi descuberta polos europeos no [[século XVI]]. Foron outras razóns culturais as que levaron a palabra ''pataca'' ao vocabulario das [[linguas romances]], pero non a evolucion dunha palabra latina que nunca existiu.
 
Consciente deste problema, Morris Swadesh supuxo que, con todo, existia o que o chamaba ''vocabulario básico''. Non se trataba doutra cousa que dun vocabulario estable e non suxeito a cambios culturais, senón a unha evolucion moito máis lenta e non influída por factores incontrolables. Este vocabulario básico tiña que carecer de conceptos culturais (e xa que logo impredecibles), tiña que ser común e susceptible de atoparse en calquera lingua e en calquera época de desenvolvemento da mesma. Por exemplo, a palabra ''neve'' non serve para comparar linguas tropicais da [[Africa Central]], nin ''television'' para comparar en [[lingua grega|grego]] clásico co moderno grego.
393.002

edicións