Lingua sánscrita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: lingua támil
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 20:
| mapa =
}}<div style="float:left; padding:1pt">[[Ficheiro:Sanskritam.PNG]]</div>
O '''sánscrito''' (ou '''sánskrito'''; nome local: '''saṃskr̥tam / संस्कृतम''') é unha [[lingua indoeuropea]], da [[linguas indoiranias|familia indoirania]], outrora falada no [[subcontinente indio]]. En especial, é a lingua dos textos relixiosos [[hinduísmo|hindús]] e, neste senso, segue a ser utilizada, ao xeito do latín nos séculos pasados en Occidente, como lingua de culto, cultural e vehicular (un censo de 1981 indica que habería aínda cerca de 6100 falantes; en 1961 aproximadamente 194400 persoas dicían que o empregaban como lingua secundaria). É ademais unha das vinte e dúas linguas oficias da [[India]]. O sánscrito é unha lingua altamente [[lingua flexiva|flexiva]] e moi arcaizante, cuxo estudo é fundamental no marco da [[lingüística comparada]].
 
== Historia ==
Liña 34:
* doce formas de infinitivo, contra unha do clásico;
* presenza dun acento de altura;
* regras de [[sandhi]] (ver máis abaixo) menos obrigatorias, etc.
 
Unha forma tardía do védico, que xa evolucionou (nótase a desaparición do subxuntivo, por exemplo), conforma o sánscrito preclásico, usado nos arredores do século V ou IV a.C. É este sánscrito o que [[Pāṇini]], sen dúbida o primeiro gramático da antigüidade (aínda que a súa visión estruturalista só pode ser o froito dunha herdanza máis antiga), describe fonolóxica e gramaticalmente nunha obra dunha precisión e dun rigor formal sen igual ata o desenvolvemento da lingüística moderna, ben máis tarde. Este dedícase a describir no seu tratado, o ''[[Aṣṭādhyāyī]]'', a lingua que el fala e subliña as fórmulas que considera propias dos himnos védicos, sen dicir realmente que son arcaicas. A lingua comeza a se normalizar.
 
No século III d.C., os primeiros [[prácrito]]s (ou ''prākr̥ta'', «[ingua] ordinaria ») aparecen testemuñados, en especial grazas ás inscricións de [[Ashoka]]. Estas linguas así designadas correspóndense a dialectos menos "nobres" que o sánscrito, é dicir, linguas vulgares e vernáculas de uso cotián que, rapidamente, se separan unha das outras e dan orixe á multitude de linguas indoarias presentes no subcontinente indio. Todas saídas do antigo indoario, elas coñecen cada unha unha evolución e un destino diferentes. É de tales prácritos de onde proveñen, entre outras, as linguas modernas como o [[hindi|hindī]], o [[penxabí|pañjābī]], ou mesmo o [[bengalí|bangālī]]. Estas linguas son «vulgares» do mesmo xeito que o ''[[latín]] vulgar'', é dicir « faladas polo pobo »; o seu estatuto de idiomas vernáculos vivos, de linguas consideradas inferiores polo tanto, explica por qué hai que esperar cando menos ao século XIX para que a literatura en linguas modernas suplante finalmente á escrita en sánscrito.
Liña 73:
Ver [[Sánscrito (morfoloxía)]]
 
== Véxase tamén ==
{{InterWiki|code=sa}}