Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Os verbos teñen tres [[diátese|voces]] (activa, media e pasiva), tres [[persoa]]s e tres [[número]]s. Conxúgase en seis [[Modo gramatical|modos]], catro persoais ([[indicativo]], [[imperativo]], [[subxuntivo]] e [[optativo]]) e dous [[impersoal|impersoais]] ([[infinitivo]] e [[participio]]). Hai sis [[tempo]]s ([[presente]], [[imperfecto]], [[aoristo]], [[futuro]], [[perfecto]] e [[pluscuamperfecto]]), repartidos de maneira desigual entre os modos. Existen algunhas formacións secundarias, como o [[futuro anterior]].
 
Ademais do tempo, o verbo expresa sobre todo, de maneira moi precisa, tres [[aspecto]]s ([[imperfectivo]], [[perfectivo|aspecto cero]] e [[estático]]) e moitos modos de proceso ([[incoativo]], [[iterativo]], [[frecuentativo]], etc.). só o indicativo marca tempo: en todos os outros modos, só se indica aspecto.
 
Hai dúas grandes categorías de conxugacións: os [[vogal temática|temáticos]] (ou ''verbos en -ω'') e os atemáticos (chamados ''verbos en -μι''). Estas categorías divídense nun gran número de subcategorías. O sistema verbal é moi complexo pois a flexión xoga con moitos procedementos, como a [[alternancia vocálica]], a [[sufixo|sufixación]] o xogo de [[desinencia]]s, o emprego dunha [[vogal temática]], o [[aumento]] e a [[reduplicación]]. A todos estes procedementos hai que engadir as [[modificación fonética|modificacións fonéticas]] importantes no seo dun mesmo [[Paradigma (lingüística)|paradigma]].
381.287

edicións