Lingua hindi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 16:
|mapa = [[Ficheiro:Idioma hindi.png|300px]]
}}
O '''Hindi''' (हिन्दी) é un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da [[India]]. É unha [[lingua indoeuropea]], da familia [[linguas indoiranias|Indoirania]]. Evoluíu a partir dos idiomas [[prákrito]]s da [[Idade Media]] ([[indoario medio]]) e, indirectamente, do [[sánscrito]], do cal toma grande parte do vocabulario técnico, relixioso e xurídico. A consecuencia da influencia [[Islam|musulmana]] no Norte da [[India]], contén tamén un elevado número de empréstamos do [[lingua persa|persa]], do [[lingua árabe|árabe]] e do [[lingua turca|turco]].
 
== Características ==
O hindi é o cuarto idioma máis falado no mundo, despois do inglés. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi como primeira lingua e o número total de persoas que o entenden pode superar os 800 millóns.
 
Por razóns de rivalidade político-relixiosa entre a India e [[Paquistán]], vense considerando como un idioma diferente do [[lingua urdú|urdú]] (que é o idioma oficial de Paquistán). Mais na súa forma coloquial ambos os dous son mutuamente intelixíbeis, sendo desde un punto de vista lingüístico variedades dun mesmo idioma. As súas diferencias redúcense basicamente ao [[sistema de escrita]], que no caso do hindi usa o alfabeto [[devanagari]], mentres o urdú emprega o [[alfabeto árabe]]. Ambos e dous idiomas tamén se diferencian na súa terminoloxía culta, que no hindi se colle xeralmente do [[sánscrito]] (xa que os indios que o falan son na súa maioría [[hinduísmo|hindús]]), mentres que en urdú os cultismos son principalmente de orixe [[lingua persa|persa]]-[[lingua árabe|árabe]] (pois a maior parte dos usuarios son [[Islam|musulmanos]]).
Liña 123:
 
== Breve resumo de Sintaxe ==
A orde normal de palabras nunha [[frase]] é SOV ([[Suxeito (gramática)|Suxeito]]-[[Obxecto (gramática)|Obxecto]]-[[Verbo]]). Mais se as [[posposición]]s van unidas con [[nome]]s, a orde en Hindi-Urdú tórnase máis libre que en [[Lingua inglesa|inglés]], pero non tanto como en [[latín]] ou [[sánscrito]]. A alteración da orde das palabras serve (xunto con o ton da fala) tamén para mudar a énfase da frase. Se o suxeito é un nome, o [[adxectivo]] pode ir antes do mesmo (na posición [[Atributo (sintaxe)|atributiva]]) ou entre o nome e o verbo (na posición [[predicado|predicativa]], mais só se o verbo é होना {{IPA|/hoː.naː/}} ''ser''). Se o suxeito é un [[pronome]] o adxectivo vai en posición predicativa. O lugar entre o suxeito e o verbo pode ir ocupado por adverbios, frases instrumentais, frases en dativo, frases en locativo, etc. A orde das palabras - ao contrario que en inglés ou francés - non precisa ser reinvertido nas [[oración (gramática)|oracións]] interrogativas. As preguntas poden formularse colocando o [[pronome]] interrogativo क्या {{IPA|/kjaː/}} no inicio mesmo da frase. As oracións interrogativas máis formais poden realizarse colocando a partícula negativa न {{IPA|/nə/}} ao final da frase. Isto indica unha pregunta educada (sen necesidade de usar "por favor"). Porén a partícula negativa vai diante do verbo. Certas partículas resaltan a palabra que as sigue inmediatamente, p.ex., ही {{IPA|/hiː/}} (''só, somente'', como partícula enfática), भी {{IPA|/bʱiː/}} (''tamén''), तक {{IPA|/t̪ək/}}, तो {{IPA|/t̪oː/}}, भर {{IPA|/bʱəɾ/}}, etc. As cláusulas nominais están a miudo unidas pola conxunción कि {{IPA|/ki/}} (lit., ''que'', de orixe persa).
 
As oracións compostas (aquelas con dous ou máis cláusulas simples de importancia similar) están, polo corrente, unidas por conxuncións como और {{IPA|/ɔːɾ/}} — ''e'', या {{IPA|/jaː/}} — ''ou'', लेकिन {{IPA|/leː.kin/}} — ''mais, pero'', इसलिये {{IPA|/is.li.jeː/}} — ''por iso'', वरना {{IPA|/vəɾ.naː/}} — ''doutro xeito, outramente'', etc. As veces son utilizadas conxuncións dobres se son precisas, p.ex.: न … न {{IPA|/nə/ … /nə/}} — ''nen … nen''.
 
=== Empréstamos do hindi en galego ===
Hai no galego algunhas palabras hindis, así «bengala», «bungalow», «xungla», «ponche», «pixama», «xampú»,... Na súa maioría entraron no galego modernamente por intermediación do inglés, portugués ou castelán.
 
== Véxase tamén ==
{{InterWiki|code=hi}}
=== Outros artigos ===
* [[Aaj Tak]], canle de noticias en '''hindi'''.