Lingua bretoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 27:
A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en [[Galicia]]<ref>[http://www.urbandictionary.com/define.php?term=q-celtic ''Gaelic or Goidelic derived from the Gallaic language spoken by the Gallaeci tribes in Gallaecia'']</ref>, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense<ref>[http://www.pangalaica.com/britonia/lugares/bretonha.htm Bretoña, capital dos bretóns]</ref> nos seus asentamentos, que perduraron ata o [[século XV]] no norte da actual [[provincia de Lugo]] (na comarca de [[Mondoñedo]]) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa{{cómpre referencia}} cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|miniatura|Migracións dos falantes de [[linguas britónicas]] arredor do século VI.]]
 
O bretón é falado en Bretaña, especialmente ao oeste dunha liña entre [[Plouha]] e [[La Roche-Bernard]] (ó leste de [[Vannes]]). Provén da lingua falada pola comunidade britona que habitou entre [[Gran Bretaña]] e [[Armórica]], e que chegou incluso a [[Galicia]]. A lingua foi falada polas clases altas até o século XII. Porén, comezou a decaer e acabou sendo só a lingua das clases baixas da Bretaña occidental, cando a [[nobreza]] e a [[burguesía]] adoptaron o [[lingua francesa|francés]]. Como lingua da escrita empregouse o [[lingua latina|latín]] até o [[século XV]], cando se pasou ao francés. Aínda así, hai unha pequena tradición de [[literatura bretoa]], e algo do vocabulario do [[bretón antigo]] pervive hoxe como termos científicos e filosóficos en bretón moderno.
 
A monarquía francesa non adoptou ningunha postura cara as [[lingua minoritaria|linguas minoritarias]] de [[linguas de Francia|Francia]] que falaban as clases baixas, aínda que esixía o uso do francés para os asuntos gobernamentais. Co [[revolución francesa|período revolucionario]] chegou a introdución de políticas que favoreceron o francés por enriba das linguas rexionais, chamadas pexorativamente ''[[patois]]''. Os revolucionarios asumiron que os [[reaccionario]]s e os [[monarquía|monárquicomonárquicos]]s preferían que a poboación falase as linguas rexionais para que as masas de campesiños estivesen desinformados. En 1794 [[Barère]] enviou ao ''[[Comité de salut public]]'' o seu "informe sobre as linguas", no cal dicía que "o federalismo e a superstición falan bretón". Baixo a [[Terceira República Francesa|Terceira]], [[Cuarta República Francesa|Cuarta]] e [[Quinta República Francesa|Quinta repúblicas]], até finais da década de 1960, as prácticas humillantes eran comúns nas escolas, tentando erradicar a lingua e cultura bretoas.<ref>[http://www.breizh.net/icdbl/saozg/endangered.htm#Image%20No.%202:%20Breton%20is%20a%20hindrance%20to%20good%20citizenship Información do ICBL sobre o bretón] en breizh.net</ref>
 
Hoxe, a pesar do centralismo político de Francia e da importante influencia dos medios de comunicación, o bretón é falado como lingua cotiá por arredor de 200.000 persoas.<ref name="ouiaubreton" /> Isto é, porén, moito menos dos 1,3 millóns de 1930. A comezos do século XX a metade da poboación bretoa só coñecía o bretón. Arredor de 1950 tan só restaban uns 100.000 falantes monolingües.<ref name="ethno">[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=bre Informe de Ethnologue]. {{en}}</ref>
Liña 40:
En 1977 creáronse as escolas ''[[Diwan]]'', que ensinan bretón aplicando a [[inmersión lingüística]]. Teñen uns centos de alumnos dende a escola primaria até a secundaria.
 
Os títulos da [[banda deseñada]] ''[[Astérix]]'' teñen sido traducidos ó bretón, e curiosamente a vila [[Galos|gala]] onde Astérix vive está na península de Armórica, hoxe en día Bretaña. Existen tamén traducións doutros títulos de banda deseñada, como [[As aventuras de Tintín|Tintín]], [[Spirou et Fantasio|Spirou]], [[Titeuf]], etc. Tamén existe versión en bretón dalgúns filmes (''[[Lancelot du Lac]]'', ''[[Shakespeare in Love]]'', ''[[Marion du Faouet]]'', ''[[Sezneg]]'') e series de televisións (''[[Columbo]]'', ''[[Perry Mason]]'').
 
Algúns escritores e lingüistas que publicaron en bretón acadaron sona internacional, como por exemplo [[Yann-Ber Kalloc'h]], [[Roparz Hemon]], [[Anjela Duval]], [[Pêr-Jakez Helias]] e [[Youenn Gwernig]].
Liña 56:
Este último non debe ser confundido coa [[lingua córnica|lingua propia de Cornualles]] (''kernewek''). Tamén existiu un quinto dialecto, hoxe desaparecido, chamado ''guérandais'', falado até comezos do [[século XX]] nas rexións de [[Guérande]] e [[Batz-sur-Mer]]. As fronteiras entre estes dialectos, por outra banda, non están claras, e a división pódese facer entre o dialecto vannetés e o resto, que forman un [[continuo dialectal]].
 
== Fonoloxía ==
=== Vogais ===
As vogais en bretón poden ser curtas ou longas. Todas as vogais sen acento son curtas, e as acentuadas poden ser curtas ou longas. Todas as vogais poden tamén ser [[nasalización|nasalizadas]],<ref>{{cita libro|autor=HEMON, Roparz e EVERSON, Michael|título=Breton Grammar|ano=2007|publicación=Evertype/Al Liamm|id= ISBN 9781904808114978-1-904808-11-4}}</ref> que sinálase engadindo un ''[n]'' logo da vogal.
{|class="wikitable IPA" style="text-align:center"
|-
Liña 88:
Os ditongos son {{IPA|/ai, ei/}}.
 
=== Consoantes ===
{|class="wikitable IPA" style="text-align:center"
|-
Liña 206:
|}
 
== Estatuto oficial ==
[[Ficheiro:Road signs bilingual Breton in Quimper.jpg|290px|miniatura|dereita|Sinais bilingües en bretóns e francés (en Kemper/Quimper)]]
[[Ficheiro:Breton school sign in Rennes.jpg|290px|miniatura|dereita|Sinal bilingüe nunha escola con clases en bretón e francés en Roazhon/Rennes]]
=== Estatuto ===
O bretón non é unha [[lingua oficial]] de [[Francia]], a pesar das demandas de recoñecemento oficial por parte dos autonomistas e doutros sectores da poboación. Estes reclaman que o bretón teña un lugar na escola, nos medios de comunicación e noutros aspectos da vida pública.
 
==== Constitución francesa ====
En xullo de 2008, a [[Constitución de Francia]] foi emendada coa adición do artigo 75-1, que di:
{{cita|''Article 75-1: Les langues régionales appartiennent au patrimoine de la France.''<ref>[http://www.assemblee-nationale.fr/connaissance/constitution.asp Constitución da República Francesa] {{fr}}</ref>}}
Liña 218:
Isto é un paso importante para o recoñecemento do bretón e doutras linguas minoritarias de Francia. Porén non hai ningún recoñecemento explícito máis aló disto.
 
=== Rexión ===
Así e todo, as autoridades rexionais e departamentais empregan o bretón en certa medida, por exemplo na sinalización. Pódese ver certa sinalización bilingüe, como nos nomes das rúas e nalgunhas estacións do [[metro de Rennes]]. Segundo a lexislación francesa (''[[lei Toubon]]'') é ilegal incluso que os rótulos comerciais estean únicamente en bretón, deben ser bilingües ou só en francés. Dado que normalmente precísase máis espazo para sinalizar nas dúas linguas, sinalízase normalmente só en francés.
 
O ''[[Ofis ar Brezhoneg]]'', a axencia da lingua bretoa, foi creada en 1999 polo goberno da rexión de Bretaña para promover o uso do bretón. Lanzaron a campaña ''[[Ya d'ar brezhoneg]]'', asinada por empresas, organizacións e concellos para promover o uso do bretón, por exemplo instalando sinalización bilingüe e engadindo a opción bretoa nas súas páxinas web.
 
== Exemplos ==
=== Noso Pai ===
:Hon Tad,
:c'hwi hag a zo en Neñv,
Liña 355:
{{WiktionaryCatIdioma|Bretón}}
{{InterWiki|code=br}}
=== Outros artigos ===
* [[Ya d'ar brezhoneg]].