Lingua acadia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 23:
}}
{{Contén texto cuneiforme}}
A '''lingua acadia''' (''akkadû'', {{lang|akk|𒅎𒀝𒂵𒌈}} ak.kADû)<ref>John Huehnergard & Christopher Woods, "Akkadian and Eblaite," ''The Cambridge Encyclopedia of the World's Ancient Languages''. Ed. Roger D. Woodard (2004, Cambridge) Pages 218-280</ref> é unha [[lingua semítica]] que foi falada do cuarto ao primeiro milenio antes da nosa era. Dívídese en dous dialectos : o [[lingua babilonia|babilonio]], ao sur da [[Mesopotamia]] (ver [[Babilonia]]) e o [[lingua asiria|asirio]], ao norte (ver [[Asiria]]).
 
'''Acadio''' designa igualmente o habitante do [[Imperio de Akkad|país de Akkad]].
Liña 31:
=== O acadio, lingua vernácula ===
[[Ficheiro:Cuneiform script.jpg|miniatura|Escritura acadia.]]
O acadio foi a [[lingua vernácula]] dos pobos [[semitas]] de [[Mesopotamia]] polo menos desde o III milenio. A súa área de difusión inclúe a Baixa Mesopotamia, a [[Susa|Susiana]] e a Mesopotamia central, onde se fala o que se chama tradicionalmente o «babilonio» (posto que se falaba no reino babilonio do II milenio, mesmo se está presente noutros reinos durante os períodos precedentes), mentres que máis ao norte se fala a segunda grande variedade do acadio, o «asirio» (testemuñado polas fontes que veñen de [[Asiria]]). Estas dúas formas do acadio están aínda próximas e coñecen evolucións paralelas (ver máis abaixo). Na rexión do [[Éufrates]] Medio, outra lingua, o [[lingua eblaíta|eblaíta]] (da cidade de [[Ebla]]), da que non se sabe se é do tipo semítico oriental ou occidental: está testemuñada desde a metade do III milenio. É, pois, probábel que o acadio non fose nunca a súa lingua vernácula, posto que esta rexión estaba dominada daquela por pobos que falaban linguas semíticas occidentais ([[amorritas]], [[arameos]]).
 
Dado que estas linguas só se coñecen polos documentos escritos, é imposíbel saber con certeza que lingua se falaba, e as opinións dos especialistas diverxen por veces a propósito desta cuestión.
Liña 73:
 
==== O [[lingua babilonia|paleobabilonio]] literario ====
Na época paleobabilonia (ou amorrita), o acadio é a lingua na que se conciben as grandes obras literarias, relixiosas, científicas, en substitución do sumerio. Utilízase para as inscricións reais, os textos mitolóxicos, os himnos, as pregarias, os encantamentos etc. Esta forma do acadio presenta aspectos particulares, especialmente numerosos trazos arcaizantes, que intentan darlle un aspecto venerábel. O acadio literario ten certas orixinalidades desde o punto de vista fonolóxico: menos contraccións e harmonías vocálicas, caída da vogal final das preposicións ''ina'', ''ana'' e ''eli'', que se volven proclíticas, o [[estado construto]] do nome ten un final en -u no singular e no feminino plural, etc. Empréganse tamén certos xiros máis comunmente que no acadio corrente, como locativo ou o terminativo, e a sintaxe é máis relaxada (o verbo non está sempre ao final da frase).
 
==== O «[[lingua babilonia|babilonio]] estándar» ====
O babilonio estándar é elaborado nos círculos letrados da [[Babilonia]] [[Casitas|casita]], na segunda metade do II milenio. Esta lingua sitúase na liñaxe directa do paleobabilonio literario, tanto en canto aos asuntos dos escritos que se fan nesta lingua como ao nivel das particularidades desta. Se ben retoma numerosos trazos do paleobabilonio literario, o babilonio estándar está influído polas formas vernáculas contemporáneas do acadio. A [[mimación]] desaparece daquela, o š tras unha dental (d, t, ṭ) convértese en l, etc. Do punto de vista da morfoloxía, os casos nominais están menos marcados (confusión entre o [[nominativo]] e o [[acusativo]]), o [[ventivo]] é moi corrente, sen ter función precisa, os pronomes enclíticos -''šu'' e -''ša'' confúndense a miúdo, retómanse as formas do [[estado construto]] do paleobabilonio literario, etc. O babilonio estándar non só é empregado en Babilonia (sendo a súa forma estándar a que toma no [[Enuma Elish]]), senón tamén en [[Asiria]], estando escritas as inscricións reais neoasirias nesta forma do acadio, e non en [[lingua asiria|asirio]] (malia a presenza de algúns «asirianismos»).
 
== Principios da lingua acadia ==
Liña 98:
 
==== As raíces ====
Como todas as linguas semíticas, as palabras, adxectivos e verbos acadios están formados na súa base por raíces consonánticas, na súa inmensa maioría trilíteras. Represéntanse coas consoantes que as constitúen: PRS, ŠPR, NDN etc. Existen algunhas raíces, chamadas febles, que contan cunha ou dúas semiconsoantes ([[aleph]], [[waw]] ou [[iode]]), ou ben unha vogal longa na súa raíz: ’LK, (W)BL, KūN, etc.
 
Como dixemos antes, o principio das raíces é limitado en acadio polos numerosos préstamos do sumerio efectuados por esta lingua.
Liña 115:
O acadio só distingue en principio o [[aspecto]] dos verbos (perfectivo ou imperfectivo), e non o tempo (pasado, presente, futuro). Distínguese así o estado de realización dunha acción, dependendo se xa rematou (perfectivo) ou se está a producirse ou que aínda non tivo lugar (imperfectivo). O perfectivo corresponde, pois, ao pretérito perfecto composto do [[lingua española|español]], ao pluscuamperfecto do [[lingua galega|galego]] e ao futuro anterior do [[lingua española|español]] (respectivamente perfectivo do pasado, do presente e do futuro), mentres que o imperfectivo corresponde ao presente de indicativo, ao pretérito perfecto e ao futuro simple (imperfectivos do pasado, do presente, e do futuro) do [[lingua galega|galego]].
 
As outras formas verbais habituais son o imperativo, o perfectivo/perfecto (que indica unha acción consecutiva a outra), o precativo/cohortativo (que indica un desexo), o estativo (acción que dura, estado permanente). As formas do infinitivo e participio son substantivos formados sobre a raíz verbal.
 
A persoa está marcada cun prefixo, e por veces un sufixo: