Lingua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: rw:Ururimi (strongly connected to gl:Linguaxe humana)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
Distínguese en xeral a lingua (sistema de signos) e a [[linguaxe]] (facultade humana posta en acción por medio de tal sistema). Distínguese de igual xeito, tras [[Ferdinand de Saussure]], a lingua e a palabra (é dicir, o uso efectivo do sistema da lingua polos locutores).
 
== Niveis e rexistros de lingua ==
Nunha lingua podemos distinguir
* [[Variedades diacrónicas]] ou históricas, condicionadas polo tempo.
* [[Variedades diatópicas]]: variantes da lingua no espazo (falares ou dialectos xeográficos).
* [[Variedades diastráticas]]: variacións na lingua segundo a clase social (dialectos sociais).
* [[Variedades diafásicas]]: variacións segundo a situación comunicativa do falante (tamén variantes funcionais, estilos de lingua ou rexistros). Os factores que determinan as diferencias lingüísticas entre os rexistros son basicamente os catro factores que podemos diferenciar nunha situación comunicativa: o [[tema]], a canle, a intención, e o nivel de formalidade.
 
== Conflito lingüístico ==
Denomínase '''conflito lingüístico''' á tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Unha situación de conflito non permanece estable por tempo indefinido, senón que tende a resolverse por unha das seguintes vías:
* A ''substitución lingüística''. Este proceso consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante. O proceso conta con tres fases: monolingüismo na lingua propia; bilingüismo social, é dicir, uso diglósico da lingua propia e a lingua importada, tendo esta última os usos máis prestixiosos; por último, abandono da lingua propia, asimilándose completamente á lingua importada.
Liña 20:
A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.
 
== Lingua minoritarias ==
'''Lingua minoritaria''' é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes nun determinado territorio. Non confundir con [[Lingua#Lingua minorizada|lingua minorizada]].
 
== Linguas minorizadas ==
'''Lingua minorizada''' é aquela lingua á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración de Xustiza, vida comercial, publicidade, ensino, burocracia, liturxia, etc.) e privados.
 
=== Graos de vitalidade ===
A vitalidade das linguas minorizadas presenta distintos graos:
 
Liña 34:
* Pódese contemplar outro tipo de linguas minorizadas. Son as que están vivindo simultaneamente procesos de ''normalización e substitución'', isto é, gañan ámbitos de uso nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso en contextos que lles foron exclusivos. Tal é o caso do [[Lingua galega|galego]].
 
=== Tipos de linguas minorizadas ===
Se temos en conta o status atopamos tres tipos de linguas minorizadas ou non normalizadas:
 
* As linguas de pequenos estados independentes, por exemplo, o [[Lingua gaélica escocesa|gaélico]] en [[Irlanda do Norte]].
* As linguas de pequenas nacións que se integran nun estado que ten outra lingua coma oficial. É o caso do [[Lingua galesa|galés]], o [[lingua corsa|corso]], o [[lingua sarda|sardo]], o [[Lingua galega|galego]], o [[Lingua bretoa|bretón]], etc.
* As linguas de pequenas nacións que teñen o seu territorio fragmentado en varios estados, coma o [[Lingua éuscara|éuscara]], o [[occitano]], o [[Lingua catalá|catalán]], etc. Pódese incluír aquí o das comunidades lingüísticas fronteirizas coma [[Alsacia-Lorena|Alsacia e Lorena]] (de [[Lingua alemá|fala alemá]] en [[Francia]]) ou do [[Val de Aosta]] (de [[Lingua francesa|fala francesa]] no [[Italia|estado italiano]]).
 
== Linguas oficiais, nacionais e internacionais ==
 
O termo '''lingua oficial''' indica o status de determinada lingua como instrumento de relación entre o estado e os seus cidadáns. O status de oficial non é inamovible, xa que está exposto a flutuacións segundo varíen as circunstancias sociopolíticas.
Liña 56:
* As ''linguas artificiais''. Creacións de laboratorio realizadas por lingüistas como propostas de lingua universal para substituír as linguas nacionais. Entres as múltiples linguas artificiais aparecidas desde o [[século XIX]] destaca, pola difusión alcanzada, o [[esperanto]].
 
== Véxase tamén ==
{{wikiquote}}
=== Outros artigos ===
* [[Linguas do mundo]].
* [[Linguas en perigo de extinción]].