Liga Estudantil Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.37.185.140 (conversa); cambiado á última versión feita por Breogan2008
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 18:
A '''Liga Estudantil Galega''' é unha organización estudantil que defende un [[ensino]] público, [[Lingua galega|galego]], democrático, de calidade e non patriarcal. É unha organización aberta, que se rexe pola democracia interna e o asemblearismo, con independencia de calquera outra organización estudantil ou política. Na Liga pode participar calquera estudante de [[educación secundaria|ensino medio]], [[formación profesional]] ou [[Universidade]].
 
== Nacemento ==
A Liga naceu o sábado [[26 de marzo]] de [[2011]] na Facultade de Dereito de [[Santiago de Compostela]]<ref>http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-aulas/gh/liga-estudiantil-galega-presentase-alternativa-ao-lobby-da-upg/idEdicion-2011-04-01/idNoticia-654894/</ref>, onde tivo lugar a Asemblea Nacional Constituínte<ref>http://oestudantadodenuncia.blogaliza.org/2011/03/29/nace-a-liga-estudantil-galega/</ref> baixo o lema “Estudando, loitando, construíndo”, culminando un proceso de máis dun mes de intenso debate, diálogo e construción no que se definiu a liña político-organizativa na que se enmarcarán as súas actuacións.
 
== Obxectivos ==
A Liga Estudantil Galega asume un posicionamento ideolóxico e renega das organizacións que se declaran apolíticas ou sen ideoloxía. A súa acción vai encamiñada á transformación do modelo actual de ensino, pero tamén ao conxunto da sociedade. Encádranse na [[esquerda]] transformadora, xa que entenden que son as maiorías sociais como suxeito político activo quen deben levar a cabo o proceso de emancipación social asumindo o [[socialismo]] como alternativa política estratéxica.
Asumen tamén o [[nacionalismo]] soberanista, xa que entenden que, en boa medida, as eivas estruturais no ensino e no conxunto da sociedade veñen derivadas da falta de [[soberanía]] que corresponde como Pobo reivindicando e defendendo o dereito de [[autodeterminación]] do [[pobo galego]] no horizonte da construción dunha República Galega.
Liña 30:
* Democratización do modelo de ensino: Amósanse en contra do actual modelo estamental que rexe as institucións do ensino, onde o estudantado é un mero espectador sen capacidade de decisión real sobre os temas que lle afectan. Polo tanto, é necesario camiñar cara unha paridade real na toma de decisións. É o estudantado quen decide sobre o seu ensino.
* Modelo de avaliación: apostan firmemente por un modelo de ensino non memorístico e que se basee exclusivamente na avaliación a través de exames. Se se aspira a un verdadeiro ensino científico e de calidade, é necesario que se apliquen novos xeitos de avaliación encamiñados á reflexión e ao debate, e non a simples clases maxistrais cun estudantado como suxeito pasivo.
* Igualdade real de xénero: Nas aulas perpetúanse os roles do patriarcado, na segregación sexual das carreiras (técnicas/humanidades), no esquecemento intencionado nos planos de estudo das achegas das mulleres nas distintas disciplinas académicas, etc. Fronte a igualdade formal, defenden unha igualdade real.
* Incremento do Financiamento: É preocupante como se reducen partidas orzamentarias para o ensino á vez que se manteñen axudas aos colexios privados. A situación da Universidade é dramática, cun 20% menos de financiamento dende que o PP volveu á Xunta.
* Incremento do aloxamento universitario: En Galiza amósase un grave problema neste eido. É necesario incrementar a cantidade de prazas públicas nas residencias e regular a situación dos pisos de alugueiro para garantir a súa calidade e controlar os prezos, que en moitas ocasións son prohibitivos para o estudantado.
 
== Actividades e campañas ==
A Liga realiza actividades<ref>http://ligaestudantilgalega.info/category/actividades/</ref> moi diversas, dende charlas<ref>http://homenaxeaneiravilas.blogaliza.org/</ref> de formación e información, a actos culturais, pasando por actividades lúdicas<ref>http://xornadasdasanidadegalega.tumblr.com/</ref>. O seu traballo vai encamiñado a modificar o actual sistema de ensino, un sistema que só ten o estudantado como suxeito pasivo, unha fábrica de títulos sen a xeración de ningún outro valor. Por isto, tanto o traballo institucional como na rúa ten como fin a consecución dun modelo de ensino válido para [[Galiza]], que solucione os problemas reais do estudantado (postos de traballo no futuro, bolsas, aloxamento, transporte…), á vez que supoña un piar esencial para o desenvolvemento do País.
 
Liña 46:
</gallery>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://ligaestudantilgalega.info/ Páxina web da Liga Estudantil Galega]
 
{{Nacionalismo galego}}