Leonardo Fibonacci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 7:
O seu pai dirixía un posto comercial en [[Bejaïa]] ([[Alxeria]]), e o mozo Leonardo viaxou alá moitas veces viaxou con el. Nesas viaxes coñeceu o [[sistema de numeración]] hindú, que empregaban os árabes. Fibonacci convenceuse da superioridade dos [[algarismos árabes]] en comparación cos algarismos romanos, que eran utilizados polos europeos da época. Para comprender esta superioridade basta tentar efectuar a división de 4068 por 12, ou a multiplicación destes mesmos números coa [[numeración romana]].
 
Viaxou a través dos países mediterráneos para estudar xunto a coñecidos matemáticos árabes do seu tempo. En [[1202]], con 32 anos de idade, publicou ''Liber Abaci'', o ''Libro do Ábaco'', do que chegou á actualidade a segunda edición de 1228. Este libro contén unha gran cantidade de asuntos relacionados coa [[aritmética]] e a [[álxebra]] da época e xogou un papel importante no desenvolvemento matemático da Europa dos séculos seguintes, dado que achegou os algarismos hindús, tamén denominados arábicos e o número [[cero]]. Tamén se refiren nel a descomposición en factores [[número primo|primos]] e os criterios de [[divisibilidade]]. A teoría contida no ''Liber Abacci'' é ilustrada con moitos problemas aplicados de [[contabilidade]] comercial, de conversión de [[peso]]s, [[medida]]s e [[moeda]]s, [[cálculo]] de porcentaxes, etc. O libro tivo un grande éxito en [[Europa]] e tivo un profundo efecto no pensamento europeo, e o elegante sistema de sinais numéricos que explicaba Fibonacci converteuse axiña en estándar.
 
Leonardo foi chamado á corte do emperador [[Federico II]], que se interesaba nas matemáticas e a ciencia en xeral. En [[1240]], a República de [[Pisa]] concedeulle un salario permanente (baixo o seu nome alternativo de ''Leonardo Bigollo'').
Liña 14:
[[Ficheiro:FibonacciRabbits.svg|miniatura|A sucesión de Fibonacci en termos de coellos.]]
 
Antes de que Fibonacci escribise o seu traballo, a secuencia dos números de Fibonacci fora descuberta por matemáticos [[India|hindús]] coma [[Gopala]] (antes de [[1135]]) e [[Hemachandra]] (c. [[1150]]), que investigaran os patróns rítmicos que se formaban con sílabas e notas dun ou dous pulsos. O número de tales ritmos (tendo xuntos unha cantidade ''n'' de pulsos) era <math>f_{n+1}</math>, que produce explicitamente os números 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, etc.<ref name="Knuth">Knuth, 1997, pág. 80</ref>
 
A secuencia foi descrita por Fibonacci coma a solución a un problema de cría de coellos: "''Un home ten unha parella de coellos xuntos nun lugar pechado e desexa saber cantos son criados a partir de este par nun ano cando é a súa natureza parir outro par nun simple mes, e no segundo mes os nados paren tamén''".<ref name="Liberabaci">Laurence Sigler, Fibonacci's Liber Abaci, páxina 404.</ref>