Lenda urbana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
notas
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
 
== O termo ==
O vocábulo semella que apareceu primeiro nos [[Estados Unidos de América]]. En [[1978]] [[Alan Dundes]] e [[Carl R. Pagter]] utilizaron o termo “Urban Folklore”, e tres anos despois, en 1981, o estudoso [[Jan Harold Brunvand]], profesor na Universidade de [[Utah]], publicou o libro ''The Vanishing Hitchhiker: American Urban Legends and Their Meanings'' (''A autoestopista esvaescente: lendas urbanas americanas e os seus significados''), no que analizaba eses novos “folktales” e os poñía en relación con materiais tradicionais; esta obra popularizou o termo. Rapidamente o termo foi, máis que traducido, calcado a outros idiomas: ''lenda urbana'' en portugués, ''legende urbaine'' en francés, ''leggenda urbana'' ou mesmo ''leggenda metropolitana'' en italiano, ''leyenda urbana'' en español, ''Grosstadt Sage'' ou ''Städtische Sage'' en alemán, ''llegenda urbana'' en catalán, ''miejska legenda'' en polonés, etc.
 
== Caracteres ==
Liña 8:
As lendas urbanas son tales en virtude de que transmiten feitos fabulosos, pero como se fosen reais, como ocorre coa lenda tradicional. O seu carácter fabuloso, é dicir non verdadeiro ou irracional, só se evidencia para a persoa crítica ou para o analista que o investiga, porque para o seu transmisor popular é algo real ou, polo menos, verosímil ou ilusorio.
 
Analogamente, como nas lendas tradicionais, as urbanas posúen unha estrutura definida: protagonistas arquetípicos (un home, unha muller, un mozo, un matrimonio, etc) que se moven polo xeral nun lugar concreto (unha estrada de [[Cantabria]], a cidade de [[Madrid]] ou [[Nova York]], o hospital dun determinado lugar, etc) e nun tempo sempre pasado, pero que a diferenza das lendas tradicionais non é remoto, senón máis ou menos inmediato, o que resalta a súa contemporaneidade. Do mesmo xeito que nas lendas e contos tradicionais, o moderno recitador, que narra en terceira persoa, alude con frecuencia a fontes de información máis ou menos verificábeis, das que a máis utilizada acostuma ser a de “un amigo dun amigo”, o que a emparenta coas simples anécdotas e sucedidos vulgares. A pesar de toda esta estrutura narrativa, o ambiente espazo-temporal resulta impreciso, dunha vaguedade que novamente entronca a lenda urbana co conto folklórico tradicional.
 
== Motivos ==
Liña 19:
* O mozo raptado para lle roubar un [[ril]] que será usado para transplantes.
* O taza de váter que explota, queimando ao seu usuario, un fumador.
* Os grandes saurios ou [[réptil|réptiles]]es que viven nas cloacas das grandes cidades.
* As mulleres secuestradas nos probadores das tendas de roupa.
* [[Calcomanía]]s impregnadas de droga para conseguir novos adeptos á mesma.
Liña 30:
 
== Véxase tamén
=== Notas ===
{{listaref|1}}
=== Bibliografía ===
* Brunvand, Jan Harold, ''The Vanishing Hitchhiker: American Urban Legends and Their Meanings''. New York / London. Norton. 1981.
* Brunvand, Jan Harold, ''Encyclopedia of Urban Legends''. New York / London. 2002.