Ladrillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 6:
As caras, que son cada un dos planos que definen o paralelepípedo xeométrico que contén ao ladrillo. Son a táboa, o canto e a testa ou testeira.
 
=== Tipos ===
[[Ficheiro:Muro de ladrillos.JPG|miniatura|dereita|Muro de ladrillos.]]
Hai tres tipos de ladrillos cerámicos:
Liña 13:
* '''''Furado'''''. Ladrillo con máis de tres trados na táboa, de volume superior ao 10% e cada un deles menores de 16 cm².
 
=== Clases ===
* Visto, para destinar a fábricas sen revestimento
* Non visto, é o ladrillo común, empregado normalmente para logo revestir.
 
== Fabricación ==
[[Ficheiro:Briqueterie de la Bretêche - filière.jpg|miniatura|ladrillo macizo saíndo da extrusora.]]
[[Ficheiro:Brickworks in Hainan - cement vessel, maker, stacker 01.jpg|miniatura|Fábrica chinesa de ladrillos.]]
As fábricas de ladrillos están situadas en lugares con abundante materia prima xa que o transporte encarece moito o produto. Pola mesma razón as empresas teñen as fábricas preto dos centros de consumo non resultando rendible a exportación.
A arxila obtense en canteiras a ceo aberto. Este material non se emprega sacado directamente da canteira. Algunhas fábricas chegan a ter ata un ano o arxila amoreada baixo cuberta. A arxila bótase en grandes moegas de onde pasa por cintas transportadoras ao muíño. Grandes rodas metálicas esnaquizan o material e mestúrano con outros tipos de arxila para mellorar a cocción (nalgúns tipos de ladrillos decorativos engádense colorantes), acadar maior estabilidade dimensional da mestura, evitar fisuras nos ladrillos cocidos, etc.
Do muiño pasa o material a amorearse para ser de novo botado noutra moega que o achegará ata a maquinaria de extrusión. Un parafuso sen fin comprime a mestura para deixar a masa compacta e sen aire, se ten calquera burbulla de aire o ladrillo rachará ao cocer. A arxila así comprimida pasa por un molde cas formas que terá o ladrillo. A mestura sae da extrusora compacta en longas tiras. É un ladrillo continuo que é cortado á medida que terá o ladrillo final. Da máquina de corte pasa a outra zona onde é apilado. Segundo o tipo de fábrica os ladrillos entran no secadoiro en bandexas (se teñen moita humidade) ou xa apilados en forma de [[palé]] se teñen a suficiente consistencia para formar xa o palé.
Cando os ladrillos saen do secadoiro, o tempo de secado depende da humidade da mestura, son apilados sobre vagonetas que se moven sobre vías de ferrocarril. Neste apilado xa están postos como palés. Nun forno sen fin cócense sobre as vagonetas. Van entrando no forno segundo o nivel de cocción e a velocidade do proceso. Ao final saen os ladrillos xa cocidos e pasan á zona de empaquetado para a venda. Alí segundo o proceso que empregue a fábrica cúbrense con plástico termoretráctil ou con cintas de flexe<ref>[http://www.ceramicacampo.com Proceso de fabricación de ladrillos. Cerámica Campo]</ref>.
Liña 30:
Popularízase o uso do ladrillo macizo a principios do século XX. Emprégase en divisións, cubrimentos, [[cheminea]]s, [[forno]]s e incluso na construción do [[sobrado]] das novas casas, nunca á vista.
 
Xa a partir dos anos 60 comeza a usarse o ladrillo oco en todo tipo de construcións: [[hórreo]]s, muros, cerramentos, divisións, edificios, etc.
 
Hoxe practicamente o cerramento de todas as novas construcións faise en ladrillo, e algunhas veces con bloques de [[formigón]]. O ladrillo cara a vista aparece na fachada dalgúns edificios nas cidades e vilas, como decoración interior ou na construción de fornos e lareiras.