Jedi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 7:
Aínda que a miúdo confúndese, a sensibilidade dos Jedi á [[Forza (Star Wars)|Forza]] e o seu control sobre ela non é o que lles proporciona a súa singular filosofía, que foi desenvolvida con posterioridade ao descubrimento do inmenso poder que outorga ao coñecedor dos seus camiños.
 
O obxectivo da filosofía Jedi non é só obter o máximo poder da Forza, senón dotar os sensibles a ela das ferramentas interiores suficientes para non sucumbir á sensual influencia do Lado Escuro, deixando de lado todo odio, ira, medo, tristeza, etc. De feito, a Filosofía Jedi baséase no control do pensamento e das emocións, coma sentir antes de pensar, e céntrase máis en obter a sabedoría mediante profundas meditacións (e o seu obxectivo non é o poder, que é o que buscan os Sith mediante o uso dos sentimentos). E céntrase tamén na absoluta devoción e obediencia á vontade da Forza. Ademais, un Jedi só é leal á Forza, ao [[Alto Consello Jedi]] e a si mesmo, por este orde. Dende novos instrúese aos padawans en ter coidado coas lealdades externas.
Tamén se lles ensina que ata os sentimentos positivos como o amor poden obstaculizar en gran medida as súas obrigacións coma Jedi.