Jean-Baptiste Lamarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 94:
Lamarck morre o 18 de decembro de 1829, á idade de 85 anos, na súa vivenda do Museo. Os funerais celébranse na igrexa de St. Médard, e os seus restos depositáronse nunha fosa común do cemiterio de [[Montparnasse]]. Como se menciona máis abaixo, este feito foi para certos autores o signo da súa miseria. Para Laurent <ref>Laurent (2001): 136.</ref>, habería que atribuílo "á falta de piedade filial" do seu fillo Auguste.
 
Efectivamente, durante máis de un século, a maior parte dos textos históricos mencionan a miseria dos últimos tempos da vida de Lamarck. Para [[Jean-Henri Humbert]] (1887-1967)<ref>Humbert (1946): 21.</ref>, Lamarck "despropvisto de recursos" dobeu ceder seu herbario ao botánico alemán [[Johannes August Christian Roeper]] (1801-1885). Máis preto de nós, para Jaussaud e Brygoo <ref>Jaussaud et Brygoo (2004): 324.</ref>, "[Lamarck] morreu pobre na súa vivenda do Museo". O estudeo de Michel Guédès<ref>Citado por Laurent (2001): 134-136.</ref> sobre as rentas de Lamarck demostra que acumulaba diversas rentas (como profesor do Museo, as súas rentas da Academia das Ciencias, da venda das súas obras, etc.) que alcanzaban a suma de 9.500 francos da época<ref>O salario medio dun obreiro era de 1.000 francos. Citado por Laurent (2001): 135.</ref>. As súas rentas non igualaban certamente as de [[Georges Cuvier|Cuvier]] (xa que estas chegaban aos 41.200 francos), pero permitíanlle vivir dunha forma máis que correcta.
 
== Bioloxía e transformismo ==
Liña 130:
Esta especificidade reside segundo el na ''organización'' da materia que constitúe os seres vivos. Pero este "orde de cousas" non é fixo e determinado dunha vez por todas (como en una [[máquina]]), porque o ser vivo nace, desenvólvese e morre. Esta organización é, pois, máis que unha ''[[autoorganización]]'' da materia baixo o efecto das condicións exteriores (como por exemplo na formación dun cristal de neve), é tamén ''autocatalítica'', é dicir, que enxendra ela mesma as condicións propias para o seu desenvolvemento. Lamarck explica esta ''dinámica interna'' como o produto de que os fluídos que se solidifican constitúen os órganos que canalizan e aceleran a circulación dos fluídos e así permiten o desenvolvemento do organismo en na súa integridade.
 
A súa teoría neste punto comprende tres elementos esenciais, tirados da bioloxía mecanicista dos séculos XVII e XVIII: as "partes continentes" (os tecidos), dos "fluídos contido" (o sangue, a linfa, etc.), e unha "cause excitatriz" que provoca o movemento dos fluídos nas partes continentes. Esta división en partes continentes e fluídes contidos (o que [[Claude Bernard]] denominará máis tarde o "[[medio interno]]" do ser vivo) significa que un ser vivo é esencialmente unha masa de materia máis ou menos flexíbel. A novidade está en que, en lugar facerse nos tubos xa no seu sitio, o movemento dos fluídos organiza en partes diferenciadas o tecido orixinalmente indiferenciado.
 
A [[organoxénse]] faise polo movemento dos fluídos qui se mesturan ao seu paso polo seo do "tecido celular" (é dicir, o que hoxe chamamos ''tecido conxuntivo''), comprímeno e provocan a formación de membranas. Á final, esta organización facilita e activa o movemento dos fluídos; activación que aumenta a organización e a diferenciación das partes, e así sucesivamente (ao que se engade unha excitabilidade do tecido que, entre os animais, exacerba o movemento organizador) <ref>André Pichot, ''Histoire de la notion de gène'', éd. Flammarion, 1999, p. 251.</ref>.
Liña 169:
 
=== A necesidade teórica da evolución ===
Lamarck trataba de comprender o que diferencia aos seres vivos dos obxectos inanimados estudados pola física. En efecto, a existencia mesma de seres vivos atestigua o feito da evolución, porque a súa presenza non podería resultar unicamente do ''xogo actual'' dos fenómenos físico-químicos. Por exemplo, unha folerpa de neve non importa en que cristal de ventá estea, prodúcena circunstancias atmosféricas particulares (humidade do aire, temperatura, etc.) nun instante dado, e desaparecerá con elas. A folerpa é o produto só do ''xogo actual'' das condicións atmosféricas, e cando estas se modifican, transfórmase en consecuencia; eventualmente comeza a fundirse. A folerpa de neve é ''o xoguete das circunstancias'' que a redean, non posúe ningunha actividade autónoma que poda manter a súa organizacion, ao contrarrio dun ser vivo.
 
Non importa que ser vivo, mesmo os máis simples actualemente coñecidos non poden formarse espontaneamente a partir de circunstancias actuais. Non só non hai [[xearción espontánea]] de mamíferos evolucionados, como os ratos a partir de lixo, como se pensaba aínda no [[século XVIII]], pwero tampouco das baxctwerias máis simples, como [[Louis Pasteur|Pasteur]] estableceu máis tarde.