Isaac Newton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 193.144.37.215 (conversa); cambiado á última versión feita por Alfonso Márquez
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 30:
En [[1663]], formulou o teorema hoxe coñecido como [[binomio de Newton]]. Fixo as súas primeiras hipóteses sobre gravitación universal e escribiu sobre series infinitas e teoría do fluxo ([[1665]]). Por causa da peste, o Trinity College foi pechado en [[1666]] e o científico foi para casa, á súa facenda. Foi neste ano de retiro cando construíu catro das súas principais descubertas: o teorema binomial, o cálculo, a lei da gravitación e a natureza das cores. Construíu o primeiro telescopio de reflexión en [[1668]], e foi quen primeiro observou o [[espectro electromagnético|espectro]] visible que se pode obter pola descomposición da luz solar ao incidir sobre unha das faces dun prisma triangular transparente (ou outro medio de refracción ou de difracción), atravesándoo e proxectándose sobre un medio ou un anteparo branco. Optou, entón pola [[teoría corpuscular]] de propagación da luz, enunciándoa ([[1675]]) e contrariando a teoría ondulatoria de [[Huyges]].
 
Tornouse profesor de matemática en Cambridge ([[1669]]) e entrou na [[Royal Society]] ([[1672]]). A súa principal obra foi a publicación ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica]]'' (''Principios matemáticos dunha filosofía da natureza'' - [[1687]]), en tres volumes, un verdadeiro monumento científico, en que enunciou a [[lei da gravitación universal]], xeneralizando e ampliando as constatacións de [[Johannes Kepler]] ([[Leis de Newton]]), e resumiu as súas descubertas, principalmente o cálculo. Tratando esencialmente sobre física, astronomía e mecánica (leis dos movementos, movementos de corpos en medios resistentes, vibracións isotérmicas, velocidade do son, densidade do ar, queda dos corpos na atmosfera, presión atmosférica, etc), todo tratado con matemática pura, foi a súa consagración como maior científico da súa época.
 
En [[1696]] Foi nomeado ''Warden of the Mint'' e en [[1701]] ''Master of the Mint''. Foi elixido socio estranxeiro da [[Académie des Sciences]] en [[1699]] e tornouse presidente da Royal Society en [[1703]]. Publicou, en Cambridge, ''Arithmetica universalis'' ([[1707]]), unha especie de libro de texto sobre identidades matemáticas, análise e xeometría, posibelmente escrito moitos anos antes (talvez en [[1673]]).