Intoxicación por cogomelos velenosos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 2:
A '''intoxicación por cogomelos velenosos''', mortais ou non, coñécese como '''micetismo''' e presenta diversos cadros e síndromes, que abarcan dende simples mareos, diarreas e vómitos, ata alucinacións e insuficiencias renais.
 
O consumo accidental de cogomelos tóxicos é un feito relativamente frecuente que data da antigüidade. Na península ibérica están catalogadas máis de 1.500 especies de [[cogomelo|cogomelos]]s, dos que aproximadamente cen conteñen [[Toxina|substancias tóxicas]] máis o menos potentes. Das especies velenosas só cinco ou seis son mortais, que condicionan o 1-15% da actividade global nun centro antitóxico (Mateu Sancho, 1994).
 
A intoxicación por cogomelos é un fenómeno estacional, máis frecuente en determinados períodos ou condicións climáticas que favorecen o seu crecemento e posterior recolección e consumo. En certos territorios ([[Cataluña]], [[País Vasco|País Vasco]]), danse as intoxicacións máis frecuentes. En Cataluña calcúlase que hai entre cinco e dez intoxicacións por millón de habitantes e ano (Piqueras Carrasco, 1996).
 
En Galiza os cogomelos velenosos adoitan chamarse ''cacaforras''<ref>X. L. Franco Grande (1972): ''Diccionario galego-castelán'', 2ª ed., Galaxia, Vigo</ref>, coñécense así diferentes especies do xénero ''[[Amanita]]''. Os fungos velenosos comportan ademais nomes comúns facendo referencia á súa perigosidade: [[pan da morte]] ou pan do demo (''[[Amanita phalloides]]'').
Liña 19:
[[Ficheiro:Alpha-amanitin structure.png|miniatura|Estrutura química de la α-amanitina (amatoxina).‎]]
 
==== Intoxicación faloidiana ou síndrome faloidiana ====
Trátase das intoxicacións por cogomelos máis graves que ocorren no noso país. Entre as especies causantes destaca o xénero ''[[Amanita]]'' (''[[Amanita phalloides]]'' ([[pan da morte]]), ''[[Amanita verna]]'') e o xénero ''Lepiota''. As toxinas responsables desta síndrome son coñecidas como amanitotoxinas. Dentro destas o grupo das '''amatoxinas''' é o máis interesante xa que é o responsable das intoxicacións faloidianas. Os compoñentes nocivos das amatoxinas son as amanitinas alfa, beta e gamma. A dose mortal de amanitinas para o home, que se deduce dos accidentes acontecidos, é de 5 a 10 mg para un adulto. O período de incubación adoita ser de 7 a 15 horas.
 
Liña 26:
O tratamento inicial debe consistir en eliminar os posibles restos de amatoxinas e manter controlado o equilibrio interno de líquidos. Emprégase [[carbono activo]] ou diurese forzada.
 
==== Intoxicación orellánica ====
[[Ficheiro:Corellanus.jpg|miniatura|''[[Cortinarius orellanus]]'']]
A toxina responsable neste caso é a orellanina. A dose letal para o home é de 40 a 50 g de ''[[Cortinarius orellanus]]''.
A incubación é moi longa, de 2 a 15 días, e os síntomas comezan con moita sede, boca seca, dor de estómago, de cabeza, etc. Despois dun período de latencia prodúcese a insuficiencia renal.
O tratamento só inclúe medidas sintomáticas (rehidratación, depuracións extrarrenais do sangue).
 
==== Intoxicación giromitrínica ====
As especies causantes son todos ascomicetos do xénero ''[[Giromitra]]''.
 
Liña 43:
Neste grupo inclúense intoxicacións moito menos graves, cun período de incubación menor de seis horas e, xeralmente, menor de tres.
 
==== Intoxicación por ''Paxillus involutus'' ====
Considerouse comestible ata hai anos, e pódese consumir despois de cociñala máis de media hora, pero aínda así hai que incluíla entre as perigosas.
 
Non se coñece a toxina responsable pero a hipótese máis aceptada relaciona a intoxicación con substancias acumulativas e reaccións alérxicas. Posiblemente se trata dalgún antíxeno. A incubación dura de trinta minutos a tres horas.
 
Nos casos máis graves prodúcese hemólise, que deriva en subictericia, prurito, febre e disfunción renal. O tratamento é só sintomático: lavado gástrico, carbono activo, laxantes, antialérxicos, corticoides, transfusións de sangue, etc
 
==== Intoxicación sudoriana ====
Tamén chamada ''intoxicación muscarínica'', debido a que é a única realmente causada pola muscarina. Raramente é grave. As especies causantes pertencen aos xéneros ''Inocybe'' e ''Clitocybe''. A toxina responsable é a muscarina, que en contra do que se adoita pensar, escasamente aparece na ''Amanita muscaria''.
 
Liña 57:
É a única intoxicación na que está xustificada a administración de [[atropina]].
 
==== Trastornos grastrointestinais ====
Incluímos aquí procesos dixestivos de diversa importancia, dende gastroenterites serias (''[[Entoloma lividum]]'') ata as simples diarreas. Hai gran variedade de especies que poden ocasionar trastornos gastrointestinais: en moitas delas non se coñecen as substancias que causan os trastornos, pero nalgunhas identificáronse compostos que se mostran nocivos e irritantes dixestivos e que probablemente interveñan en intoxicacións humanas: triterpenos, sesquiterpenos cíclicos, fenois, ácido atroméntico, ácido telefórico, etc.
 
Ó pouco tempo trala inxestión aparecen os síntomas que corresponden a calquera molestia gastrointestinal. A gravidade e persistencia dos síntomas dependen da cantidade de cogomelos inxeridos, da oportunidade de tratamento e da sensibilidade individual pero, en xeral, trátase de intoxicacións pouco importantes. O tratamento consiste en evitar a deshidratación e o desequilibrio iónico, e pódese facer un lavado gástrico e intestinal, ou administrar carbono activo.
Liña 64:
Hai tres especies coas que se producen complicacións máis graves: ''[[Entoloma lividum]]'', ''[[Tricholoma paridinum]]'' e ''[[Omphalotus olearius]]''.
 
==== Trastornos mentais ====
[[Ficheiro:Amanita-pantherina.jpg|miniatura|[[Cacaforra cincenta]] (''[[Amanita pantherina]]'').]]
[[Ficheiro:200910071358MEZ Limeswanderweg Wp 10-14 - Wp 10-15 4.jpg|miniatura|O [[rebentabois]] ou amanita pinta, ''[[Amanita muscaria]]''.]]
Liña 85:
== Interacción co alcohol ==
[[Ficheiro:Netzstieliger-Hexenröhrling-Boletus-luridus.jpg|miniatura|''[[Boletus luridus]]''.]]
Tamén chamada '''síndrome coprínica''', '''efecto antabuse''' ou '''antialcohol''', comprende unha serie de trastornos que se producen cando, ademais dos cogomelos implicados, se toman bebidas alcohólicas. Algunhas especies causantes son ''[[Coprinus atramentarius]]'', ''[[Clitocybe clavipes]]'', ''[[Boletus luridus]]'', ''[[Coprinus insignis]]'' ou ''[[Coprinus micaceus]]''.
 
A toxina responsable denominouse coprina. Os síntomas comezan unha media hora despois de consumir alcohol, probablemente cando o nivel en sangue chega a 5-10 mg por 100. Os máis típicos son os trastornos cardiovasculares, náuseas, vómitos, sabor metálico. Xeralmente non ten importancia se o nivel de alcohol no sangue non chega a ser moi grande (nalgunhas persoas non hai síntomas).
Liña 128:
* Mostra ou restos dos cogomelos, incluso do lixo ou dos vómitos do intoxicado.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 141:
 
{{Micoloxía}}
 
 
[[Categoría:Intoxicacións alimentarias]]